fútbol

O xornalista de 'Nós Diario' e historiador do fútbol galego Héctor Pena. (Foto: Noela Rey)
Contracultura

Héctor Pena: "O fútbol é o leitmotiv dunha historia sobre mulleres, identidades sexuais e represión"

Héctor Pena, xornalista de 'Nós Diario' e investigador, vén de publicar 'A pioneira' (Xerais), unha historia ambientada na Galiza de hai cen anos e que segue a andaina de Ester dentro e fóra do campo de fútbol.
A Supercopa Galiza foi presentada esta cuarta feira pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).
DEPORTES

A Federación Galega de Fútbol crea a Supercopa da Galiza

O fútbol galego conta cun novo título, a Supercopa Galiza. Este torneo enfrontará os conxuntos que levantaron a Copa da Coruña, a de Ferrol, a da Costa, a do Sar, a Copa Deputación de Ourense, a de Lugo e a Copa Rías Baixas de Pontevedra e de Vigo. Ademais, a gran final será nun escenario de excepción, Balaídos.
Hinata Miyazawa, con cinco tantos, é a máxima goleadora da Copa. (Foto: EP).
DEPORTES

Análise do sucedido até agora no Mundial de Australia e Nova Zelandia

As seleccións descansan de cara aos cuartos do Mundial
Centenario do Celta

ENQUISA | Cal foi o mellor porteiro do Celta?

Entre Isidro, o primeiro porteiro do Club Celta, e Coke Carrillo, que se estreou como titular esta terza feira ante o Compostela, pasaron pola portaría celeste centos de gardametas que deixaron unha importante pegada en Balaídos. Para ti, quen foi o mellor?

LE AQUÍ A INFORMACIÓN COMPLETA

Fenoy, Maté, Cañizares, Pinto e Sergio, algúns dos porteiros que maior pegada deixaron en Balaídos.
Centenario do Celta

Porteiros goleadores, 'Zamoras' e protagonistas en Europa: quen foi o mellor gardameta do Celta?

Entre Isidro, o primeiro porteiro do Club Celta, e Coke Carrillo, que se estreou como titular esta terza feira ante o Compostela, pasaron pola portaría celeste centos de gardametas que deixaron unha importante pegada en Balaídos. En 'Nós Diario', co gallo do centenario, buscamos o 'XI dos cen anos', e comezamos hoxe coa portaría: para ti, quen foi o mellor?
Catalina Usme foi a autora do único tanto do conxunto colombiano. (Foto: Europa Press).
DEPORTES

Francia e Colombia fechan o cadro dos cuartos de final

Superan unha nova rolda no Mundial 
Os presidentes que deixaron unha maior pegada no Real Club Celta.
Centenario do Celta

Unha trintena de presidentes do Celta: quen realizou a mellor xestión?

Carlos Mouriño é o presidente máis lonxevo e con el Vigo volveu asentarse en Primeira e retornou a Europa. Con Horacio Gómez vivíronse os anos do 'EuroCelta' de Karpin, Mazinho e Mostovoi. Da man de Ignacio Núñez sentáronse as bases do que sería aquel equipo e, antes del José Luís Rivadulla dirixiu o equipo 'ascensor' que tantos éxitos deu. E antes que todos eles, Manuel Bárcena tomou as rendas do equipo nos seus primeiros anos de vida.

Para ti, quen foi o mellor presidente da historia do Celta? Vota na nosa enquisa!

Logo de derrotar o Wolfsburgo o pasado sábado, Rafa Benítez quere volver gañar en Compostela. (Foto: David Klein / CSM via ZUMA Wire)
Fútbol

Os novos proxectos do Celta e o Deportivo continúan coa súa posta a punto

Disputan senllos amigábeis contra o Compostela e o Coruxo, respectivamente.
Centenario do Celta

ENQUISA | Quen foi o mellor adestrador da historia do Celta?

Entre o inglés Frank Cuggy e o recentemente nomeado Rafa Benítez pasaron por Balaídos sete decenas de adestradores que, con maior ou menor fortuna, deixaron a súa pegada no clube.

E ti, que opinas? Quen foi o mellor? Vota na nosa enquisa!

Adestradores con maiores éxitos á fronte do Celta.
Centenario do Celta

70 adestradores en 100 anos de Real Club Celta: quen foi o mellor?

Entre o inglés Frank Cuggy e o recentemente nomeado Rafa Benítez pasaron por Balaídos sete decenas de adestradores que, con maior ou menor fortuna, deixaron a súa pegada no clube.
A xogada do gol partiu dunha xogada ensaiada (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O Celta gaña con estratexia en Alemaña

O equipo celeste derrota ao Wolfsburgo alemán cun gol de xogada ensaiada que transformou Unai Núñez.

Bebeto e Mauro Silva, dúas lendas branquiazuis, recibirán unha homenaxe durante o Teresa Herrera. (Foto: RC Deportivo).
DEPORTES

Furor de fútbol amigábel co Teresa Herrera e o Celta-Wolfsburgo como grandes protagonistas

Tamén se disputarán o Rácing-Real Madrid B, Lugo-Compostela e Celta B-Arenteiro 
Cadro e calendario das roldas finais do campionato. (Foto: EP/Nós Diario).
DEPORTES

O Mundial descansa coa vista posta nos oitavos de final

Suíza e España pugnan este sábado ás 7, hora galega, por conseguir un posto entre os oito mellores
Algúns dos capitáns que máis pegada deixaron no Real Club Celta.
Centenario do Celta

De Manolo a Hugo Mallo: un repaso pola capitanía do Celta

O 'gran capitán' Manolo, Vicente, Mallo, Maté, Mostovoi, Oubiña, Herminio, desde este verán Aspas... E ti, en que pensas cando se fala de capitáns no Celta?
DEPORTES

ENQUISA | Quen foi o mellor capitán do Celta?

O 'gran capitán' Manolo, Vicente, Herminio, Maté, Mostovoi, Oubiña, Mallo, desde este verán Aspas... E ti, en quen pensas cando se fala do capitán do Celta? Vota na nosa enquisa!
Svenja Huth era o vivo rostro da dor despois da súa eliminación. (Foto: Europa Press).
COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Outra favorita, Alemaña, fóra de oitavos

O empate con Corea do Sur (1-1) enviou a Manschafft de volta a Europa.
DEPORTES

ENQUISA | Cal foi a mellor camiseta do Celta?

Con colo ou sen el. A dúas cores, tres ou máis. Con tonalidades de azul celeste máis claras ou escuras ou atrevéndose con cores como granate, gris ou rosa. Pero sempre, como non podía ser doutra forma, co escudo dos dous 'C' de 'Club Celta' no peito e mais, desde mediados do pasado século, coa cruz de Santiago. Cen anos dan para vestir moitos deseños diferentes, e así o fixo o Real Club Celta, que con máis ou menos acerto a ollos da bancada luciu decenas de camisetas dos máis variados estilos. Aquí facemos unha pequena escolma das máis icónicas, se ben posibelmente, como se soe dicir, nin son todas as que están, nin están todas as que son.

E ti, que opinas? Cal é a mellor camiseta do Celta ou a que evoca as mellores lembranzas para ti?Vota na nosa enquisa!

Copia de QUINOCHO
Centenario do Celta

A raias ou con rombos; gris, vermella ou granate, mais sempre celeste: as camisetas máis icónicas do Celta

Hoxe en 'Nós Diario' facemos unha pequena escolma das camisetas que o Real Club Celta vestiu, como local e visitante, ao longo dos seus cen anos de historia, e damos a palabra ao celtismo para que decida cal é a mellor de todas.
As caribeñas pasan a oitavos. (Foto: Europa Press).
COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Bombazo no Mundial: Xamaica deixa fóra o Brasil

A selección caribeña pasa a oitavos de final do Mundial de Australia e Nova Zelandia deixando fóra unha das principais aspirantes ao título. Outra favorita, Italia, tamén foi eliminada no tempo de desconto.
Centenario do Celta

ENQUISA | Cal é o mellor himno ou canción do Celta?

A Oliveira dos cen anos que C. Tangana compuxo para conmemorar o centenario do Celta copa todos os titulares. Porén, non é nin moito menos a única canción que rende homenaxe ao clube vigués: antes del deixaron pegada en Balaídos grupos como Keltoi! ou A Roda, e son numerosos e moi variados os artistas que quixeron dedicar uns versos ao Real Club Celta.

Para ti, cal é a mellor canción ou himno do celtismo? Vota na nosa enquisa de hoxe!