prezos

O comercio é un dos sectores máis afectados. (Foto: Europa Press)
star
TRABALLO

'Cota cero' para todos os autónomos? Desde o sector piden que a renda inflúa porque "hai quen a precisa e quen non"

A Galiza perdeu, desde setembro de 2022 até setembro de 2023, 1.257 empregos por conta propia. O anuncio do Goberno galego de estabelecer unha “cota cero” atopou algunhas reservas en entidades da Mesa do Emprego Autónomo que seguen preocupadas pola fiscalización, así como pola falta de relevo xeracional no sector do comercio e na agricultura.
Liña de montaxe da fábrica de Stellantis en Vigo (Foto: Víctor Cameselle).
ECONOMÍA

Mercaches un vehículo entre 2006 e 2013? Poderías ter pagado un sobreprezo

A OCU presenta tres demandas contra o 'cartel dos coches' por inchar prezos.
A vicepresidenta terceira e ministra española para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

Cal é clave da reforma do sistema eléctrico? Mantén o sistema marxinalista que prioriza o prezo das enerxías máis caras?

A Comisión Europea publicou esta quinta feira a normativa.
Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Camiñamos cara a unha nova espiral alcista da luz? Os prezos acumulan 10 xornadas por riba do limiar dos 100 euros

Os prezos altos da electricidade volven a ser unha tónica nas últimas semanas, despois de 10 días sen baixar do limiar dos 100 euros por megawatt á hora. Neste contexto, a UE negocia reformar o mercado eléctrico, marcado desde hai décadas polo sistema marxinalista, cun acordo que se prevé "difícil" polas posicións enfrontadas de Alemaña e Francia.
O aceite de oliva é o produto alimenticio que máis se dispara no cesto da compra. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O encarecemento dos alimentos eleva até 3,7% a inflación na Galiza, por riba da media estatal, co aceite de oliva á cabeza

Hoxe o aceite de oliva é máis 'ouro líquido' que nunca, pois o seu custo disparouse até 67% só nos últimos doce meses e duplicouse en dous anos. Mesmo de agosto a setembro deste ano, con 30 días de diferenza, incrementouse 10,1%.
Estímase que a produción de aceite de oliva aumentará en 2023. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

Profesionais alertan de que o prezo do aceite de oliva continuará á alza

O valioso produto subiu 3,66 euros de media en 2023.
Kristalina Georgieva, directora do FMI. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Sen tregua: o FMI advirte que a inflación seguirá a medrar en 2024

O organismo internacional cre que o déficit se reducirá o vindeiro ano no Estado español e que a inflación fechará 2023 na contorna de 3,5%.
O pan encareceu 4,5%, a carne case 9%, o peixe 7%, o leite enteiro 15% e o aceite de oliva 52% (Foto: Europa Press).
star
Análise

Traballar para gastar

Sara Mandía é doutora en Comunicación e Información Contemporánea.
aceite oliva (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O 'ouro líquido' dispárase: o aceite de oliva custa hoxe até 7,36 euros máis que en xaneiro

A alza do produto está alcanzando uns niveis descoñecidos.
Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
Agora

O prezo da luz incrementa 1,94% esta sexta feira

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta sexta feira, 6 de outubro, 1,94%, até os 105,51 euros por megawatt hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo máximo, de 130 euros/MWh, rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o prezo mínimo darase entre as 15 e as 16 horas, con 81,40 euros/MWh, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Neste primeiros seis días de mes, a media do mercado eléctrico sitúase por encima dos 104,8 euros/MWh. Setembro fechou cunha media de 103,3 euros/MWh.

O aumento dos produtos básicos e do cesto da compra obriga os fogares a reaxustar a economía familiar.
star
ECONOMÍA

A crise bate nas familias galegas: 540.000 dificilmente chegan a fin de mes

Hai un ano 51% das familias galegas chegaban a final de mes "con facilidade" ou "moita facilidade". Mais iso foi hai un ano. Agora, esa porcentaxe caeu a 46% e os fogares do país onde rematar o mes é unha odisea representan 7 puntos máis: 54%. Un dato que reflicte o impacto da crise nas economías familiares.
Os carburantes están detrás da leve repunta da inflación. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

O incremento do prezo dos carburantes e da electricidade eleva a inflación até 3,5%

A inflación volve dispararse no Estado español, até marcar 3,5%.
Varios vehículos enchendo o depósito nunha gasolineira de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

A inflación repunta por terceiro mes consecutivo e escala até 3,5% pola suba da electricidade e os carburantes

A taxa interanual do IPC volve superar o 3% após tres meses por baixo desta cota e sitúase no seu nivel máis elevado desde abril, cando alcanzou 4,1%.
Supermercado (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
ECONOMÍA

Os fogares galegos e navarros son os que máis sofren o impacto da inflación no IVE

O IPC aumentou en dous anos a carga fiscal das familias en 340 euros.
Refinaría de Repsol na cidade da Coruña (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O custo do barril de petróleo subiu 33% en tres meses

O custo do petróleo acumula tres meses de intensa suba, cun encarecemento do barril tipo Brent, de referencia no continente europeo, que supera 33%. Ademais, estes aumentos poderían ser unha antesala dunha espiral alcista aínda maior, con vaticinios que sinalan que o barril deste combustíbel alcanzará proximamente os 100 dólares, algo que tería duras implicacións económicas tanto na Galiza como a nivel mundial.
O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A electricidade alcanza o seu prezo máis alto no que vai de setembro

O custo da gasolina rexistra o maior nivel de 2023.
Índice de prezos de consumo (IPC) base 2021. Índice xeral e por grupos Ecoicop de 2023. [Fonte: IGE]
star
Análise

Cara a un novo ciclo alcista da inflación

Adrián Dios é profesor de Historia Económica na USC.
Só 7% das persoas que residen en municipios de menos de 50.000 habitantes viven de alugueiro. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O prezo do aluguer aumenta na Galiza no mes de agosto 6,4% interanual

No conxunto estatal, o prezo da vivenda en alugueiro situouse en 11,34 euros por metro cadrado no mes de agosto, cifra 4,7% superior á do mesmo mes de 2022, pero 2,2% inferior ao do mes anterior.
Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
Agora

O prezo da luz aumenta esta segunda feira 65,9%

O prezo media da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista repuntará esta segunda feira 65,9% con respecto a este domingo, até os 105,81 euros por megawatt hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo máximo, de 164,12 euros/MWh, rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o prezo mínimo darase entre as 3 e as 4 horas, con 80,20 euros/MWh, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). No que vai de mes, a media do mercado eléctrico sitúase nos 100,85 euros/MWh, fronte aos 150,46 euros/MWh que rexistrou no mesmo período de setembro de 2022 o prezo do 'pool'.

O prezo dos alimentos segue a medrar na Galiza. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O elevado prezo dos alimentos fai repuntar a inflación na Galiza, que sobe máis que no Estado

Os alimentos e bebidas non alcólicas lideran a suba do IPC galego, que se sitúa en 2,7% na taxa interanual, adiantando de novo a media estatal por unha décima.