prezos

Voluntarios do Banco de Alimentos de Vigo.
SOCIAL

O encarecemento frea a solidariedade: a inflación lastra as recollidas de alimentos

O que máis escasea é o aceite de oliva e os produtos para as crianzas, debido ao seu elevado custo.
Vivendas no municipio das Somozas (comarca de Ferrolterra) (Foto: Europa Press).
Vivenda

O prezo da vivenda de segunda man sobe 3% na Galiza en 2023, até 1.368 euros o metro cadrado

Na cidade da Coruña o prezo da vivenda de segunda man subiu 5,39% en 2023, con 2.463 euros o metro, mentres que en Lugo creceu 0,25%, até 1.378 euros. En Ourense a subida foi de 2,55%, con 1.561 euros e en Pontevedra de 10,11%, até 1.933 euros o metro cadrado.
O aceite de oliva é o produto alimenticio que máis se dispara no cesto da compra. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

53% dos alimentos con IVE rebaixado subiron os seus prezos durante 2023

Aceites, froitas e verduras rexistraron os incrementos máis importantes.

Unha muller comprando froita nun supermercado. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

Acabar o mes, unha misión cada vez máis difícil para os fogares galegos: máis da metade chegan con dificultades

Unha de cada dez familias chegan ao día 30 con moitas complicacións por mor do notábel aumento dos prezos nos últimos meses.
Cociña de gas nunha vivenda (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A pobreza enerxética pasa factura na Galiza: 1.956 mortes en 2023 por non poder ter a vivenda a unha temperatura adecuada

A pobreza enerxética agrávase na Galiza. A porcentaxe de familias que non poden manter a súa vivenda a unha "temperatura adecuada" abeira 20% (522.000 persoas, 140.000 máis en só 12 meses). No ano que vén de finalizar, o número de falecementos por "defecto de temperatura" abeirou os 2.000.
Unha persoa prende a luz (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Abaratou a electricidade? O prezo da luz baixa considerabelmente en 2023, mais segue case o dobre de cara que antes da pandemia

O prezo da electricidade fechou 2023 nunha media de 87,1 euros por megawatt hora (MWh), o que supón unha redución de máis da metade (-58%) en comparación co dato de 2022.
A estabilidade dos prezos dos alimentos foi determinante na moderación do IPC. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
ECONOMÍA

O IPC baixa unha décima e a inflación subxacente modérase ao 3,8%

Coa moderación da súa taxa interanual en decembro, a inflación volve rexistrar descensos e cae ao seu menor nivel desde o pasado mes de agosto, cando se situara en 2,6%.
Un home facendo a compra nun supermercado (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
ECONOMÍA

O cesto básico da compra segue á alza: así encareceron os alimentos no último ano

Asufin mostra a súa preocupación pola concertación de prezos en determinados produtos como o arroz, o aceite de oliva ou o leite.
Concellos galegos segundo o número de anos nos que o seu mercado da vivenda estivo tensionado entre 2020, 2021 e 2022 (Mapa: IGVS / Nós Diario).
star
Vivenda

Onde é máis difícil atopar vivenda? O mercado de 44 municipios estivo tensionado durante tres anos seguidos

Un total de 44 concellos galegos tiveron o mercado da vivenda tensionado durante os anos 2020, 2021 e 2022. Esta situación, provocada por unha intensa suba dos prezos nun curto período, provoca que as familias teñan dificultades de acceso a unha casa. Entre 2020 e 2022, boa parte das localidades da Galiza sufriron unha situación de presión sobre as persoas inquilinas de forma continúa.
Vivendas no municipio das Somozas (comarca de Ferrolterra) (Foto: Europa Press).
Vivenda

O prezo do aluguer na Galiza aumentou 8,1% en novembro, máis que a media estatal

A respecto dos prezos do aluguer, Galiza posiciónase por encima da media estatal, que quedou en 6,1%.
O prezo da luza aumnenta esta segunda feira (Foto: Europa Press).
Agora

O prezo da luz sobe esta segunda feira 28%, até os 97,9 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista aumentará esta segunda feira, 18 de decembro, 28,34% con respecto aos datos do domingo, até os 97,90 euros por megawatt hora (MWh). O prezo máximo, de 174 euros/MWh, rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o prezo mínimo, de 74,89 euros/MWh, darase entre as 12 e as 13 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). No que vai de decembro, o prezo medio do 'pool' eléctrico sitúase nos 74 euros/MWh, fronte os 134,21 euros/MWh que marcou de media no mesmo mes de 2022.

Evolución da inflación desde o estalido da Covid (Gráfica: INE / Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Galiza é a segunda autonomía onde máis medraron os prezos desde o estalido da Covid

O IPC aumentou 3,3% na Galiza en novembro con respecto ao mesmo mes do ano anterior, unha taxa que resultou unha décima porcentual superior á media do Estado español. A alimentación, cun incremento de 9,6%, liderou os niveis de encarecemento no país. A inflación aumentou 19% desde marzo do ano 2020, o mes no que comezou o confinamento.
O prezo máximo da enerxía rexistrarase entre as 19 e as 20 horas. (Foto: Europa Press)
Agora

O prezo da luz rexistra este sábado o maior aumento do mes, cunha suba de 62%

O prezo medio da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado maiorista subirá este sábado 62,49% con respecto aos datos de onte, até os 35,39 euros por megavatio hora (MWh), sendo o maior aumento do mes. O prezo máximo, de 77,50 euros/MWh, rexistrarase entre as 19 e as 20 horas, mentres que o prezo mínimo, de 16,66 euros/MWh rexistrarase entre as 4 e as 6 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Nestes nove primeiros días de decembro, o prezo medio do 'pool' eléctrico é de 82,8 euros/MWh, fronte aos 151,03 euros /MWh que marcou de media para o mesmo mes do ano pasado. Ao prezo medio do 'pool' sumaríase a compensación ás gasistas que debe ser aboada polos consumidores e consumidoras. 
Torre de alta tensión (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
star
Análise

E o prezo da luz sobe ou baixa?

Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco, do Colectivo Bidán, escriben esta análise.
Unha central de transformación de Iberdrola (Foto: Iberdrola).
ECONOMÍA

Visto para sentenza o xuízo contra Iberdrola por aumentar o prezo da luz de maneira indebida en 2013

Tras a celebración da vista, as partes quedan agora pendentes da sentenza do maxistrado do Xulgado Central do Penal Único, José Manuel Clemente Fernández-Prieto, que, segundo fontes xurídicas consultadas, é posíbel que alongue o redactado da mesma máis alá do Nadal.
O prezo medio da gasolina subiu 40% nun ano. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O IPC baixa tres décimas no Estado en novembro polo abaratamento dos carburantes e sitúase en 3,2 %

A taxa de variación anual estimada da inflación subxacente, o índice sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos, baixou até 4,5 %.

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
Agora

O prezo da luz sobe esta sexta feira mais segue por embaixo dos 6 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta sexta feira, 3 de novembro, 30% con respecto á xornada anterior, até os 5,76 euros por megawatt hora (MWh), aínda que proseguirá a tendencia baixa de prezos dos últimos días neste arranque de novembro. Por franxas horarias, o prezo máximo, de 15,50 euros/MWh, rexistrarase entre as 20 e 21 horas, mentres que haberá un mínimo, un día máis, de cero euros/MWh, entre as 04 e 05 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Ademais, no tramo do día das dúas ás seis da madrugada o mercado almacenista eléctrico marcará uns prezos mínimos próximos aos cero euros/MWh.
Medicamentos antibióticos (Foto: Europa Press).
Agora

O Ministerio de Sanidade revisa o prezo de referencia de 17.000 fármacos

O Ministerio de Sanidade actualizou o sistema de prezos de referencia dos medicamentos no Sistema Nacional de Saúde (SNS) para 2023, unha medida para máis de 17.000 medicamentos que producirá un aforro estimado 217,54 millóns de euros, segundo as estimacións deste departamento. O Boletín Oficial do Estado publicou esta cuarta feira, 1 de novembro, a Orde do Ministerio de Sanidade pola que se procede a revisar os prezos de 17.671 presentacións de medicamentos, das cales 13.994 son dispensábeis en farmacias e 3.727 en hospitais. Serán as farmacias hospitalarias as que máis proveito tiren da revisión, cun aforro de 160,41 millóns de euros fronte aos 57,13 millóns das farmacias comunitarias.
Unha persoa repostando nunha gasolineira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

A baixada dos carburantes compensa o encarecemento da luz e estabiliza a inflación en 3,5%

A inflación subxacente, sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos, cae seis décimas pero segue a ser 1,7 puntos superior ao IPC xeral.
Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
star
TRABALLO

A renda da poboación asalariada galega reduciuse en 736 millóns en 2022

As rendas do traballo rexistraron un novo récord negativo en 2022. Segundo os datos que achega o Instituto Galego de Estatística (IGE) para esa anualidade, os últimos dispoñíbeis, as  rendas do traballo representaron 44% do produto interior bruto (PIB) e as do capital 56%.