Rosalía de Castro

Pilar García Negro é profesora honoraria da Universidade da Coruña e escritora. (Foto: Arxina)
star
Especial Día de Rosalía

Rosalía-Pilar García Negro: un diálogo crítico

A atención pola obra de Rosalía de Castro acompaña María Pilar García Negro, de maneira constante, desde hai máis de corenta anos. Os quince traballos que se presentan no volume 'Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos' permiten obter unha visión integral do seu discurso crítico en relación coa obra de Rosalía de Castro e constatar a relevancia da súas achegas interpretativas no ámbito dos estudos rosalianos.

Rosalía, estrela que guía

Maruxa Mallo e Rosalía de Castro, no mural 'O saber das mulleres', en Poio (comarca de Pontevedra) (Foto: Concello de Poio).
star
Análise

Miña casiña, meu lar!

Míriam Ferradáns é poeta e ensinante.

Por un 23-F con moito que festexar

Vero Rilo, Nuria Vil  e Mónica de Nut, protagonistas de 'Indóciles'.
CULTURA

A Galiza prepárase para celebrar o Día de Rosalía: todos os actos e homenaxes no 187 aniversario do nacemento da poeta

A conmemoración do Día de Rosalía pretendía, no seu momento, festexar a literatura e o libro galego, pero a cidadanía ampliou o seu alcance nunha mestura de homenaxe, reivindicación, impulso transformador e orgullo de pertencer a unha cultura. O 23 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta, é xa unha data grande no calendario galego, na que a sociedade recoñécese e festexa a súa identidade, sempre resiliente ante todas as agresións.
Rosario Álvarez, na Biblioteca Rosalía de Castro da cidade brasileira de Curitiba. (Foto: CCG)
CULTURA

O CCG deposita obras de Rosalía de Castro na nova biblioteca que leva o seu nome no Brasil

Rosario Álvarez salienta que Galiza está "unida polo mar" e "pola lingua galega e a lingua portuguesa, nacidas ambas as dúas do mesmo touro medieval común".

Celebrarmos Rosalía

O hostaleiro Suso Coba, tamén coñecido como 'Suso do Dezaseis'. (Foto: O Dezaseis)
Contracultura

Suso Coba: "Rosalía de Castro foi unha muller moi culta e unha precursora do feminismo galego"

Suso Coba, máis coñecido como 'Suso do Dezaseis' é o dono do Dezaseis, un respectado estabelecemento hostaleiro compostelán de case 30 anos de historia. O próximo 23 de febreiro, día dedicado na Galiza á conmemoración de Rosalía de Castro, Coba será, xunto coa cantora Uxía Senlle, quen elaborará na Casa-Museo da emblemática poeta o Caldo de Gloria. Unha actividade impulsada pola Fundación Rosalía de Castro para homenaxear a autora desde o mundo gastronómico.
A artista Rosa de Cabanas no seu estudio. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rosa de Cabanas: "Debuxo na miña lingua, que é o galego e o feminismo, o mundo rural e a memoria"

Rosa de Cabanas (Ouzande, A Estrada, Terra de Montes, 1976) é ilustradora e arquitecta. Unha das súas creacións, en homenaxe a Rosalía de Castro, ilustrará a capa do especial que este 23 de febreiro acompañará 'Nós Diario' para conmemorar o 187º aniversario do nacemento da poeta.
Monumento a Rosalía en Pontevedra.
Agora

Pontevedra celebrará o Día de Rosalía cunha lectura colectiva

A vindeira sexta feira, 23 de febreiro, o Concello de Pontevedra ten preparada unha programación oficial co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, en colaboración coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. O acto principal do Día de Rosalía sucederá ás 20 horas no centro social do Gorgullón, espazo que acollerá a lectura de textos de Cantares gallegos e Follas novas. Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, no que pode participar de xeito directo. Será conducido por Miriam Ferradáns, que tamén lerá o manifesto de AELG nesta data tan sinalada. Doutra banda, o colectivo artístico O Fruto e a serpe encargarase da ambientación do acto. Desde a área de Normalización Lingüística, sinalan que a homenaxe pontevedresa céntrase nos textos rosalianos escritos en galego, para destacar "o papel da autora na reivindicación do uso da lingua galega nunha época en que publicar en galego -e ademais sendo unha muller- era un acto revolucionario". Ademais, "a súa escrita pioneira abriu o camiño á literatura galega moderna". 

Antón lopo, Goretti Sanmartín e Soledad Agra.
CULTURA

Así será a sexta edición do Festival Rosalía

O concerto de Loita Amada, o pasarrúas rosaliano dos Quinquilláns, o proxecto Indóciles ao redor da obra de Luísa Villalta ou o recital organizado pola editora Chan da Pólvora son algúns dos pratos fortes da edición deste 2024.

Ilustración de Rosa Cabana para o especial Rosalía de 'Nós Diario'.
CULTURA

Así é o caderno especial que 'Nós Diario' dedicará a Rosalía de Castro este 23 de febreiro

Entregarase de balde co xornal no 187º aniversario do nacemento da poeta.
Olimpio Xiráldez, a concelleira de Padrón Mariló Saco, Anxo Arca, Carlos Blanco, Valentín García e Anxo Angueira.
CULTURA

O Día de Rosalía incorpora unha campaña de promoción do libro galego

A Fundación Rosalía de Castro convida a interpretar a Alborada de Rosalía e a degustar un Caldo de Gloria o 23 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta, e organiza ademais unha serie de actos entre os que destacan, como novidade, unha campaña de promoción do libro en galego eealizada en colaboración coa Fundación Xistral: as librarías do país agasallarán unha escolma de poemas rosalianos a todos os compradores dun libro galego desde hoxe até o 6 de marzo. 
 
Mural de Lidia Cao no IES Macías o Namorado, Padrón (O Sar). [Foto: Lidia Cao]
star
Análise

Decote Rosalía

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.

A Rosa Incandescente

A doutora e profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Carme Fernández: "Pilar García Negro interpreta Rosalía desde o compromiso coa nación e coas mulleres"

A doutora e profesora da Universidade da Coruña (UDC) Carme Fernández Pérez-Sanjulián (A Coruña, 1963) foi a encargada de editar o libro Intenso e Solidario Feminismo. Estudos Rosalianos (UDC), un volume que escolma quince traballos de Pilar García Negro sobre a poeta, xunto con Kathleen March, autora do epílogo.
María Pilar García Negro. (Foto:  Eduardo Castro Bal / Ollo de Vidro-ACAB)
star
CULTURA

Rosalía, unha feminista vista por Pilar García Negro

Onte presentouse na sala Cubo do espazo de intervención cultural Normal da Universidade da Coruña, Intenso e Solidario Feminismo, Estudos Rosalianos, un volume que escolma quince traballos de María Pilar García Negro sobre Rosalía de Castro. Unha publicación que compendia un traballo pioneiro que contribuíu a renovar a lectura da escritora e a desfacer moitos dos prexuízos que distorsionaron durante moito tempo a comprensión da súa obra. 
 
Manuscrito da conferencia de Lorca cos versos en galego do arrolo.
star
CULTURA

O Día de García Lorca na Galiza descobre o poeta de estirpe rosaliana

Hoxe, 25 de outubro, conmemórase a primeira visita de Lorca á Galiza, en 1916. Seguen agromando os vínculos da obra do poeta e dramaturgo coa poesía de Rosalía de Castro e, en xeral, a súa paixón pola lírica galega de todos os tempos.
Anxo Angueira e Blas García no acto desta segunda feira.
CULTURA

Ames nomea filla adoptiva, a título póstumo, a Rosalía de Castro

O pasado 31 de marzo, o Pleno aprobou por unanimidade o nomeamento de Rosalía de Castro, a título póstumo, como filla adoptiva de Ames mediante declaración institucional

Luis García Montero, Rosario Álvarez, Pedro Sánchez e Francina Armengol, depositando o 'legado' de Rosalía na Caixa das Letras. (Foto: CCG)
CULTURA

O legado de Rosalía de Castro perdurará nunha 'cápsula do tempo'

O Consello da Cultura Galega, da man da súa presidenta, Rosario Álvarez, deposita as obras da autora galega máis universal na Caixa das Letras do Instituto Cervantes de Madrid.