Rosalía de Castro

Area da Cova. Ao fondo, o o 
monte Corpiño. (Foto: Portfolio Galicia)
star
Reportaxes

Rosalía de Castro en Muxía

Con 16 anos, Rosalía de Castro visitou Muxía, convidada pola súa amiga Eduarda Pondal. Foi en setembro de 1853, coincidindo coa romaría da Barca. Sábese que fixo o camiño ben a pé ou ben a cabalo nunha longa xornada. Unha placa colocada pola Fundación López Abente no ano do centenario de Cantares Gallegos lembra a estadía de Rosalía nese lugar, que deixou pegada na súa obra.
Estatua de Rosalía, no Paseo do Espolón, en Padrón. (Foto: Arousa)
star
Reportaxes

Rosalía nos camiños

A obra  'En las orillas del Sar', de Rosalía de Castro, inspira esta ruta promovida polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro que aquí se extracta. Senda circular cun percorrido á beira do Sar de dificultade moderada, permite descubrir as fermosas paisaxes de Terras de Iria que inspiraron a escritora.
Retrato de Rosalía, realizado en 1864 por María Cardarelly e atopado en 2013. (Foto: Fundación Rosalía de Castro)
star
Reportaxes

Espazos de Rosalía en Compostela

María Rosalía Rita de Castro nace a 23 de febreiro de 1837 en Conxo, na actual Compostela, onde vive máis da metade da súa vida. O paseo achéganos a lugares relacionados coa Rosalía adolescente, moza, e adulta.
María Muíño, deputada de Normalización Lingüística da Coruña; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e Marina Oural, poeta, na presentación do festival. (Foto: Deputación da Coruña)
CULTURA

Festival Rosalía, dúas xornadas para celebrar o 'súper poder' do galego

Santiago tornará no epicentro das celebracións arredor da figura da 'súper heroína' do país, que porá de novo a capa e o anteface na quinta edición dun festival que contará con música, teatro, roteiros e outras actividades.
Tero Rodríguez caracterizada como Rosalía de Castro. (Foto: Os Quinquilláns)
CULTURA

'Sermos Galiza' redescobre Rosalía cunha edición especial

O 23 de febreiro fanse 186 anos desde o nacemento da escritora.
María Ortega, Carmela Silva e Victoria Alonso esta sexta feira en rolda de prensa (Foto: Deputación de Pontevedra).
CULTURA

A Deputación de Pontevedra prepárase para celebrar o Día de Rosalía "por todo o alto"

A programación prevista "homenaxeará á autora e porá en valor o seu papel como un dos primeiros referentes do feminismo na Galiza".
Retrato de Rosalía de Castro asinado por Joseph Sellier.
CULTURA

Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2023

Reproducimos o manifesto que asina Carme Adán para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de cara ao Día de Rosalía.
Rosalía de Castro nun cómic de 'Batman' (Foto: @Asier1100).
CULTURA

Rosalía de Castro, a Catedral de Santiago e o Celta de Vigo nos cómics de 'Batman'? Eis as probas

A coñecida franquía de banda deseñada que foi levada ao cinema é moi coñecida en todo o mundo e o famoso súper heroe, o "home morcego", é un dos máis recoñecidos da historia do xénero.
Murguía e Rosalía
star
Reportaxes

Abrámoslle a fiestra a Alejandra Murguía

Contan que cando Rosalía de Castro sentiu que se lle esvaecía a vida pediulle á súa filla Alejandra que abrise a fiestra para sentir o mar. Alejandra Murguía tiña 26 anos e, dende que a súa nai enfermara, non se separara da aba da súa cama. Soltaría a débil man Rosalía para abrir a fiestra ao aire do verán, que indiferente, entraría na habitación da casa da Matanza para inundar cada recuncho coa súa morna fasquía e para levar o último alento de Rosalía sobre a terra que tanto cantara, e sobre a auga que discorría entre as vizosas e verdes orelas do Sar.
Paul Bilbao, Marcos Maceira e Francesc Marco, na ofrenda floral deste domingo, 22 de xaneiro. (Foto: A Mesa)
SOCIAL

Entidades en defensa do galego, do euskera e do catalán reafirman a súa vontade de seguir traballando xuntas

Entidades en defensa do galego, do euskera e do catalán realizaron este domingo unha ofrenda floral a Rosalía e Castelao no Panteón dos Galegos Ilustres, en véspera do centenario de Galeusca.

Ría de Padrón

Alfonso Daniel R. Castelao e Rosalía de Castro. (Fotos: Nós Diario)
LINGUA

Entidades en defensa do galego, o euskera e o catalán homenaxearán Castelao e Rosalía en Compostela

O acto, organizado pola Mesa, decorrerá no Panteón de Galegos Ilustres o domingo 22 de xaneiro.

Fariseísmo

Panteón de Galegos Ilustres (Foto: Museo do Pobo Galego)
CULTURA

A Igrexa insiste na natureza relixiosa do Panteón de Galegos Ilustres

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de recibir a autorización do Arcebispado de Santiago de Compostela para realizar a tradicional homenaxe a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Porén, a institución eclesiástica pon unha condición: que se respecte a "natureza eclesiástica do templo".

E a lata na que o pámpano coa 'rosa se alía'

María do Cebreiro.
star
Entrevistas

María do Cebreiro: "Rosalía foi abusada institucionalmente. E non foi a única"

María do Cebreiro gañou o premio Ramón Piñeiro con Maternidades virtuosas (Galaxia), unha achega ao debate sobre as novas maternidades realizada desde a crítica aos modelos alternativos de crianza na súa conexión práctica cos discursos neoliberais. O ensaio convida a evitar as polaridades e artellar un ollar non xulgador sobre o tema. Falamos coa autora deste libro e, en xeral, do seu traballo como ensaísta, centrado en boa medida na figura de Rosalía de Castro. 

Rosa Bonheur (1822-1899)

A calidade da cultura popular galega

O poeta galego Francisco Añón viuse obrigado a exiliarse en Portugal por participar na revolución galega de 1846.
star
Reportaxes

A historia non é linear. A literatura, tamén non...

É tópico asentado na historia política da Galiza a división do movemento que a definiu como suxeito político en tres fases consecutivas, e das consecuencias ideolóxicas e organizativas a que isto deu lugar: provincialismo, rexionalismo, nacionalismo. O primeiro, baseado nunha reclamación da Galiza como provincia, como unidade, face á división tetraprovincial decretada polo goberno liberal español (1833); o segundo, como primeira expresión de auto-organización política, coa obra de Murguía e a de Brañas como referentes fundamentais; o terceiro, xa no século XX, coa creación das Irmandades da Fala, a desestima do “regionalismo sano y bien entendido” (Antón Vilar Ponte) e a utilización clara e desacomplexada do termo nacionalismo e da súa xustificación e necesidade. 
O mural, 'A fiestra de Rosalía', figura na contorna do Parador de Vilalba. (Foto: Deputación de Lugo)
CULTURA

Rosalía de Castro, homenaxeada en Vilalba cun mural

'A fiestra de Rosalía' é obra de Pablo Lage Van Kraft e foi impulsada polo Instituto de Estudos Chairegos en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.