Rosalía de Castro

Auga negada ou afirmada

Casa do Concello de Dodro. (Foto: Concello de Dodro)
CULTURA

Rosalía de Castro será nomeada filla adoptiva de Dodro

O nomeamento decorrerá no pleno municipal do vindeiro 11 de agosto.
Acto de Galiza Nova en Bonaval (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Galiza Nova reivindica "autogoberno, autoxestión e autoorganización"

A organización xuvenil do BNG reúne en Bonaval, Compostela, a máis de 200 persoas na tradicional homenaxe a Rosalía e Castelao.

Museo do Pobo
SOCIAL

Por que non lle gustan aos ‘fodechinchos’ os museos galegos?

Coches anegados cando sube a marea por estar aparcados en lugares prohibidos, queixas pola presenza do galego en lugares de ocio ou cultura, malestar polo tempo e até queixas pola excesiva néboa. Máis un ano, os “fodechinchos” volven a ser unha das atraccións do verán.

O patriotismo rosaliano

Edición de 2018 do festival Abride a Fiestra. (Foto: Casa de Rosalía)
CULTURA

A Casa de Rosalía acolle o 17 de xullo unha nova edición do festival Abride a Fiestra

Música, literatura, visitas guiadas e moitas máis actividades integran un completo e variado cartel.

Ide a San Momede

María Barcala, nunha escena de 'Libre coma os paxaros'. (Foto: Tino Diz)
star
Entrevistas

María Barcala: "O meu obxectivo non é triunfar en Madrid"

Di María Barcala que Libre coma os paxaros, a obra na que interpreta a Rosalía de Castro, é o máis difícil que fixo nunca. Que estivo, quizais, toda a súa carreira preparándose para un papel coma este. Os resultados víronse, entre outros teatros, no Colón da Coruña. Do absoluto silencio á explosión de aplausos por un traballo impecábel. Mais non haberá, anuncia a actriz, moito máis Teatro do Atlántico, aínda que ela e Xúlio Lago desexan seguir na profesión. Son, di ela, moitos anos tirando do carro dunha compañía, polo que é lexítimo querer estar do outro lado.

Nun perenne, eterno maio

A actriz María Barcala durante a representación da obra 'Libre coma un paxaro' (Foto: Teatro do Atlántico).
CULTURA

María Barcala: "Rosalía debería estar máis presente, non só no teatro senón noutros eidos da vida social"

A compañía Teatro do Atlántico está de xira coa obra Libre coma os paxaros, un monólogo baseado en textos de Rosalía de Castro. Nós Diario conversa coa actriz que lle dá vida, María Barcala, sobre esta peza que se poderá ver o 17 de maio no Teatro Colón da Coruña. 

Deber e honra de Baltar

Garibaldi_
Un revolucionario galego do Banquete de Conxo aos camisas vermellas de Garibaldi

A rebeldía útil de Leonardo Sánchez Deus

A de Sánchez Deus é unha das biografías máis apaixonantes do século XIX galego. Protonacionalista e republicano na Galiza do Banquete de Conxo, internacionalista e socialista na Italia do Rexurdimento, exemplifica o revolucionario total e informa das correntes ideolóxicas de fondo presentes no círculo de Rosalía e Murguía.

 

Sementeira de Antías

En Vilalba, Terra Cha!

recital_manuelmaria
CULTURA

Alumnado de toda Galiza celebra o Día da Poesía recitando Rosalía e Manuel María

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolleu o concurso de recitado, dun "nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado".

A complicidade marcou este traballo entre Uxía Senlle e o cantautor andaluz Javier Ruibal. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Uxía Senlle e Javier Ruibal: "En tempos tan belicistas, poetas como Rosalía de Castro e García Lorca tenden pontes"

De tu casa a la mía, a homenaxe musical que realizaron a Rosalía de Castro e Federico García Lorca a galega Uxía e o andaluz Javier Ruibal, preséntase este sábado en Compostela. Da admiración mutua entre ambos os artistas e o seu amor pola poesía naceu un traballo intimista en contacto directo coa tradición popular. Nós Diario conversa con ambos entre ensaio e ensaio sobre o proceso de creación e a mensaxe que queren transmitir ao público.  
Ruth Matilda Anderson, en Oseira, en 1925.
CULTURA

Ruth Matilda Anderson, tradutora da Rosalía de Castro feminista e galeguista

A investigadora Alba Rodríguez Saavedra analiza nun artigo recente como a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson foi pioneira na tradución de Rosalía de Castro ao inglés, e como este achegamento á súa obra serviu para dar unha visión que adiantaba en varias décadas a imaxe que agora temos da autora.
Anxos García
CULTURA

Anxos García: "Rosalía está incandescente, aínda arde para nós; non é cinza, é unha obra que perdura"

Logo de celebrarse o Día de Rosalía de Castro a pasada cuarta feira, as homenaxes á escritora seguen a sucederse. Anxos García é a promotora de A rosa incandescente, unha curtametraxe que fai un percorrido pola súa figura e que se estreou o sábado pasado no auditorio municipal de Chantada.

Clara Schumann e Rosalía de Castro. Unha árbore tileira e un carballo

O ouro e mailo exército