Rosalía de Castro

O ouro e mailo exército

Ourense
CULTURA

Actos polo día de Rosalía de Castro

Ofrenda floral polo Día de Rosalía en Lugo (Foto: Deputación de Lugo).
CULTURA

A Galiza homenaxea a Rosalía de Castro no seu día

Ducias de actos lembran a poeta nacional galega. Desde o Parlamento até as Deputacións pasando por numerosos municipios e entidades sumáronse a conmemorar a data en que naceu Rosalía de Castro.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, xunto con alumnado do CEIP Rosalía de Castro, en Padrón. (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

O Parlamento homenaxea Rosalía de Castro coa lectura da súa obra

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, asegurou que "somos herdeiros de Rosalía e estamos en débeda con ela".
Os novos documentos descubertos iluminan aspectos da vida de Rosalía até o de agora descoñecidos. (Foto: Nós Diario) #rosalía #rosalíadecastro
CULTURA

A AELG conmemora hoxe o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) difunde na súa páxina web todas as actividades nas que colabora e e anima á cidadanía "a agasallar cun libro en galego e cunha flor" durante toda a xornada.

Todos se van

Homenaxe a Rosalía este sábado no Panteón de Galegos Ilustres (Foto: AELG)
CULTURA

A AELG destaca o papel do profesorado na difusión da obra de Rosalía

Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), afirma que Rosalía contribúe coa súa palabra a fomentar entre a xente nova o amor á nosa lingua.

Rosalía: documentos e fábulas

Pormenor dun manuscrito de Rosalía de Castro. (Foto: RAG)
star
Reportaxes

Rosalía no discurso emocional do rexionalismo

O investigador e académico Xosé Luís Axeitos encárgase de dar as claves dun importante espazo simbólico na vida de Rosalía: o escaso epistolario que nos quedou, testemuña de amizades, lecturas e influencias, mais tamén de baleiros que é preciso encher a través do estudo e a interpretación. 
O número 14 da rúa Real homenaxea a imprenta de Juan Compañel. (Foto: Concello de Vigo)
star
Reportaxes

O Vigo de 'Cantares gallegos'

Non foi casualidade que Cantares gallegos se editase en Vigo. A cidade era un punto de referencia do liberalismo e da recuperación e dignificación da cultura galega. O seu ambiente intelectual e político propiciou que nos talleres da imprenta de Juan Compañel se imprimise o volume que marca o inicio do Rexurdimento literario. Malia o curto período que Rosalía morou na urbe olívica, a edición deste libro e a rede de relacións tecida arredor dos círculos liberais vigueses fai desta cidade unha parada ineludíbel no itinerario rosaliano.
A Casa da Matanza.(Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Terra de Iria, a terra de Rosalía

Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, describe o que quizais é o espazo con maior carga simbólica e emotiva na lembranza da autora: Padrón, o lugar onde se erixe o maior monumento á súa memoria, a Casa da Matanza. E tamén as Terras de Iria, onde ecoan os versos da autora por toda parte.
Monumento a Rosalía na Coruña, obra de Manuel Ferreiro Badía. (Foto: Jose Luís Cernadas)
star
Reportaxes

Rosalía de Castro, na Coruña

A escritora e investigadora María Pilar García Negro pon en relación a estancia de Rosalía na Coruña cun tempo histórico que sería decisivo para o Estado español, mais que non tivo consecuencias na política galega: esa contradición reflíctese na obra da escritora na denuncia da galegofobia española e no retrato da lacra da emigración, no protagonismo do feminino, na defensa da patria galega e da súa cultura. 
Monumento a Rosalía en Santiago, obra do escultor Francisco Clevilles e o arquitecto Isidro de Benito. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Rosalía na Compostela que ti coñeces e paseas

Mercedes Espiño, autora do volume, recentemente publicado pola Agrupación Cultural O Galo, Espazos de Rosalía en Compostela, guianos pola cidade que viu nacer a Rosalía de Castro, que a viu medrar e formarse e onde pasou, de forma intermitente, vinte e tres anos da súa vida. 
Sagrario (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Sagrario Abelleira: "A luz de Rosalía é inmensa. Cando te achegas a ela, irrádiate"

O seu descubrimento deita unha nova luz sobre a vida de Rosalía de Castro. Sagrario Abelleira vén de atopar o expediente matrimonial da autora, que confirma que a verdadeira data do seu nacemento é o 23 de febreiro de 1837. Iso cambia a celebración do Día de Rosalía, mais tamén rompe algúns mitos que se repetían de forma acrítica -como que a súa nai, Teresa de Castro, a abandonara- e abre novas vías de investigación sobre a autora.
Entrevistamos Sagrario Abelleira, a responsábel da descuberta da data real de nacemento de Rosalía.
CULTURA

"O renacer de Rosalía", este sábado, no especial do 'Sermos Galiza'

O sábado 'Nós Diario' vén acompañado do suplemento semanal 'Sermos Galiza', que desta volta afonda na figura de Rosalía de Castro e máis no recente achádego de Sagrario Abelleira sobre a data real de nacemento da autora. 72 páxinas por tres euros... Non o perdas!
Portada do 'SermosGaliza' de Rosalia.
SERMOS GALIZA

‘Sermos Galiza’ analiza o "renacer" de Rosalía de Castro

Na publicación monográfica sobre Rosalía de Castro, que verá a luz este sábado, día 19, contaremos co testemuño de Sagrario Abelleira e cos artigos de Mercedes Espiño, María Pilar García Negro, Manuel Xestoso, Anxo Angueira e Xosé Luís Axeitos.

Viki Rivadulla
CULTURA

Viki Rivadulla: "Non quería transmitir esa imaxe da Rosalía soidosa, senón esa muller desafiante e forte"

A cultura do mar e a presenza de figuras femininas son unha constante na obra de Viki Rivadulla. A mostra Atlánticas. Mulleres do Nordés, exposta no claustro alto do Pazo de Fonseca, reflexa á perfección estas dúas cuestións. Seguindo a súa liña artística, Viki tamén deseñou a capa do Sermos Galiza desta fin de semana, un especial sobre Rosalía de Castro
Maite Ferreiro, no centro, xunto a Encarna Lago e Aurelia Balseiro, xerente da Rede Museística e directora do Museo de Lugo (Foto: Deputación de Lugo).
CULTURA

Teatro, exposicións e murais lembrarán Rosalía nas comarcas de Lugo

A Deputación de Lugo oferta actividades aos concellos e entidades con motivo do Día de Rosalía de Castro.
O especial de 'Sermos Galiza' abre cunha ilustración feita por Viki Rivadulla para a ocasión..
Este sábado con 'Nós Diario'

O renacer de Rosalía de Castro: 'Sermos Galiza' dedica un especial á autora

Sermos Galiza dedica un especial a Rosalía de Castro polo cambio de data do Día de Rosalía. O descubrimento, por parte da investigadora Sagrario Abelleira, de documentos que certifican que a data de nacemento da autora é a do 23 de febreiro de 1837 debuxa un novo mapa simbólico dos espazos da autora. O especial venderase conxuntamente con Nós Diario o vindeiro sábado 19 de febreiro, ao prezo de sempre do semanario.
 
Xoan Eiriz 2
CULTURA

Xoán Eiriz: "Presentamos un proxecto arriscado, cantar a Rosalía de Castro non é sinxelo"

Un poeta, un compositor e un cantante. É o equipo de traballo responsable do décimo quinto disco de Xoán Eiriz, no que pon voz a algúns versos do poemario Amada Rosalía, do escritor Suso Díaz. Ai Rosiña, O triste son da campana, Como chove miudiño e Canta meniña son as catro pezas que conforman este traballo.