Michelle O'Neill, do Sinn Féin, será escollida como primeira ministra de Irlanda do Norte

Por sétima vez desde que hai case dous anos o Partido Unionista Democrático decidiu bloquear o funcionamento das institucións autonómicas, a Asemblea de Irlanda do Norte reúnese mañá nunha sesión na que está prevista a elección dun novo liderado territorial, cargo que recaerá en Michelle O’Neill, do Sinn Féin, após imporse nos comicios de maio de 2022. Será a primeira vez que a forza progresista se faga co poder no norte de Éire.

A líder do Sinn Féin en Irlanda do Norte, Michelle O'Neill. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A líder do Sinn Féin en Irlanda do Norte, Michelle O'Neill. (Foto: Nós Diario)
Comentarios