O novo Goberno conservador neozelandés reverterá a lei antitabaco para recadar impostos

As asociacións sanitarias criticaron hoxe o novo Executivo conservador, o máis dereitista da historia de Nova Zelandia, logo de que os medios locais difundiran a súa intención de reverter a lei antitabaco aprobada en 2022, que tería que entrar en vigor en 2024 e que prohibiría que as persoas nadas a partir de 2009 puidesen comprar cigarros ao longo da súa vida. O Goberno xustificouno en recadar ingresos para cumprir cos recortes do pacto de coalición.

O primeiro ministro neozelandés, Christopher Luxon. (Foto: Oficina do primeiro ministro de Nova Zelandia / Europa Press / Contacto)
photo_camera O primeiro ministro neozelandés, Christopher Luxon. (Foto: Oficina do primeiro ministro de Nova Zelandia / Europa Press / Contacto)
Comentarios