A Xunta publica novas autorizacións a parques eólicos nas comarcas de Pontevedra e o Deza

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta quinta feira novas autorizacións para parques eólicos nas comarcas do suroeste do país, sumándose así ás recollidas tamén esta semana noutras zonas do territorio galego. En concreto, publicouse a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para parques eólicos. Trátase das autorizacións administrativas previas e autorización de construción, nun caso para as instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Peón, na Lama (comarca de Pontevedra), un proxecto promovido por Naturgy Renovables S.L.U., mentres que tamén se publica o solicitado por Aldesa Enerxías Renovables de Galicia en Mesada, no concello de Vila de Cruces (comarca do Deza).
Parque eólico na serra do Xistral. (Foto: Luís Vilanova)
photo_camera Parque eólico na serra do Xistral, na comarca da Mariña. (Foto: Luís Vilanova)
Comentarios