O Castañazo retoma o seu ritmo esta fin de semana en Chantada: consulta aquí o cartel completo

Fillas de Cassandra e Grande Amore, entre os nomes máis destacados.
Iria Castro, á dereita, con organizadores do festival. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Iria Castro, á dereita, con organizadores do festival. (Foto: Nós Diario)

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do Castañazo, que decorre os días 27 e 28 de outubro en Chantada. A Asociación Cultural O Castañazo retoma o festival despois de catro anos, cun cartel que mestura bandas galegas e estatais. Fillas de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Lágrimas de sangre, Rastreros e Grande Amore actuarán na sexta feira, e o sábado será a quenda para Dakidarría, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre&Scilla, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo.

Ademais, a programación aberta inclúe o Ourizo Rock, con propostas para público infantil durante o sábado pola mañá, no Auditorio Municipal; os Cantos de Taberna e mais unha ruada a cargo de Mekanika Rolling Band pola tarde. Non faltará a organización dun magosto.

A  deputada de Cultura, Iria Castro, celebrou que “a Asociación O Castañazo se reforzase arredor desta nova edición do festival, que é unha referencia musical do outono” e destacou “a aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por apoiar as iniciativas que xorden do tecido asociativo”.

Comentarios