A Galiza, á cola do Estado en salas de cinema por habitante

Con menos salas de cine por habitane só están Estremadura e Ceuta e Melilla.
Sala de proxección nos cines Númax de Santiago.
photo_camera Sala de proxección nos cines Númax de Santiago.

A Galiza conta con 167 salas de cinema, 62,1 por cada millón de habitantes, segundo o censo de salas de cine elaborado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC).

O censo elaborado este ano precisa que a media estatal é de 76 salas por millón de habitantes. A Galiza sitúase, empatada coas illas Canarias, entre os territorios con menos salas de cine por habitante, só por riba de Estremadura e Ceuta e Melilla. 

O estudo mostra unha tendencia xeneralizada á existencia de salas de cine con menos salas e salas de menos butacas que, á súa vez, adoitan ser máis grandes e máis cómodas. 

No conxunto do Estado, o número de salas incrementouse un 2,6% no último ano, alcanzando o seu máximo desde 2012, mentres que o número de salas e asentos descendeu. 

O informe da AIMC destaca que os espectadores están retomando o hábito de ir ao cine despois da pandemia, xa que as cifras do Estudo Xeral de Medios (EGM) mostran que a baixada lóxica da asistencia ao cine xerada pola Covid-19 tocou fondo a principios de 2021. 

Comentarios