As produtoras independentes galegas alertan das consecuencias da Lei audiovisual

“Pon a creación en man dos dous grandes grupos mediáticos audiovisuais”, critican.

A compañía audiovisual incorporará diferentes títulos en galego ao longo do ano (Foto: Diego Cervo). #netflix #audiovisual

A aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual no Congreso cos votos do PSOE e abstención do PP non convence ás produtoras independentes, que consideran que a nova lexislación implica que “os contidos que se produzan neste país estarán maioritariamente en mans dos dous grupos mediáticos audiovisuais”.

Así o manifestan estas produtoras nun comunicado conxunto, tamén apoiado pola Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

“Desde os informativos até as series, desde as películas até os magazines, nas súas 14 canles de televisión ou nas plataformas de streaming, nas televisións públicas e nos medios dixitais, non haberá xanela ou contido que non dependa deles, non haberá Goberno ou oposición que se atreva a facerlles fronte”

Inciden en que a aprobada no Congreso é unha lei “que nace de costas ao sector para a que di estar a traballar”, e lembrtan que a “creación plural de contidos desde as empresas de produción independente é un reflexo da diversidade de opinión, de localización xeográfica, de credo, de xénero, de lingua e de forma de pensar.”. Algo que, denuncian, esta lexislación pon en risco.

“Desde os informativos até as series, desde as películas até os magazines, nas súas 14 canles de televisión ou nas plataformas de streaming, nas televisións públicas e nos medios dixitais, non haberá xanela ou contido que non dependa deles,

“En definitiva”, resumen, “unha lei que crea graves desequilibrios en lugar de palialos, inclinando a balanza sobre uns poucos elixidos, fronte a unha maioría de traballadores e pequenos empresarios que o arriscan todo en cada proxecto”.

Comentarios