Automobilismo

O Slálom da Laracha volverá ao calendario o 29 de xuño

Esta disciplina está cada vez máis de moda na Galiza.
A proba debutou en 2023. (Foto: Concello da Laracha).
photo_camera A proba debutou en 2023. (Foto: Concello da Laracha).

O Slálom Concello da Laracha, que debutou no calendario competitivo galego o pasado 4 de novembro de 2023, confirmou o seu regreso ás estradas. Será o próximo 29 de xuño de 2024, tal e como anunciaron o presidente (Diego Ponte) e o vicepresidente (Alejandro Rega) da escudería organizadora, Arteixo Motorsport, nun acto de presentación.

Alí estiveron tamén o vicepresidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA), Moisés García; o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela; e as edís Patricia Bello e Pablo Cambóns, responsábeis das concellerías de Deportes e Patrimonio, respectivamente.

Así, "despois da excelente experiencia" da edición inaugural, que se desenvolveu integramente na contorna do Parque Empresarial, segundo afirmaron os representantes de Arteixo Motorsport, regresan para "afianzar" e "consolidar" no calendario da FGA unha carreira que será puntuábel para o Campionato Galego desta disciplina en auxe.

Porque o slálom, unha competición na que os e as participantes demostran a súa pericia e habilidade ao volante evadindo obstáculos artificiais como conos ou portas, cada vez está máis de moda pola emoción que implican os constantes cambios de dirección e os alardes de pericia dos e das pilotos. 

Comentarios