Rueda anuncia unha 'Cota cero' para autónomos durante o primeiro ano de actividade

A partida está incluída no proxecto de orzamentos da Xunta que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que estará en vigor en 2024.
O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
photo_camera O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou unha "cota cero" para as persoas emprendedoras e que supón subvencionar as cotas do réxime de autónomos durante o primeiro ano de actividade, o que ascende a uns 960 euros.

Estas partidas están incluídas no proxecto de orzamentos da Xunta que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que estará en vigor en 2024.

Nos orzamentos

Concretamente, esta medida está orzada no marco do programa de axudas para apoiar o inicio de actividade e conta en reserva 9,6 millóns de euros. É dicir, o programa desagrégase na liña de cota cero e os 7.500 euros, aproximadamente, para o inicio de actividade.

Rueda, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, mantivo un encontro en Vilagarcía de Arousa coa Mesa do Emprego Autónomo.

Rueda mostrouse seguro de que estas medidas "van funcionar, son necesarias e axudan á substitución xeracional", debido a que é un dos grandes retos que están encima da mesa.

Ao fío diso, ligou a medida coa duplicación da matrícula de Formación Profesional, xa que "moitos deles poden ser autónomos no futuro" e para iso, é preciso dar un "empuxón" e "tentar acertar" coas medidas.

Comentarios