Afganistán sofre dúas réplicas do sismo que provocou 2.500 mortes

Centos de persoas feridas fican nos hospitais.
Varias persoas examinan os danos dun terremoto en Afganistán. (Foto: Saifurahman Safi / Xinhua / Contacto)
photo_camera Varias persoas examinan os danos dun terremoto en Afganistán. (Foto: Saifurahman Safi / Xinhua / Contacto)

Afganistán sufriu esta segunda feira dúas novas réplicas que afectaron principalmente a provincia de Herat, ao noroeste do país, despois de que o terremoto de magnitude 6,3 na escala Richter rexistrado o sábado deixara un mínimo de 2.500 persoas falecidas e máis de 2.000 feridas.

A primeira réplica, de magnitude 4,9 na escala Richter, produciuse a medida que avanzaban as operacións de busca e rescate a raíz dos tremores da fin de semana, que supoñen xa unha das peores catástrofes históricas desta natureza no país.

As autoridades iranianas enviaron un equipo de asistencia para axudar nos labores de busca e rescate, á vez que multitude de residentes se ofreceron como voluntarios para axudar a encontrar persoas desaparecidas. O terremoto do sábado deixou 13 localidades practicamente destruídas na provincia de Herat, onde a poboación trata de obter doazóns internacionais.

A maioría das feridas son mulleres e crianzas, xa que os tremores producíronse a media mañá cando estaban nas súas vivendas, mentres que a situación nos hospitais é crítica, con centos de persoas ingresadas.

Comentarios