Boluarte trata de manter o poder no Perú tras un cambio de Goberno

Investigada por enriquecemento ilícito.
O novo Gabinete peruano dirixido por Dina Boluarte (centro), a terza feira. (Foto: Presidencia do Perú)
photo_camera O novo Gabinete peruano dirixido por Dina Boluarte (centro), a terza feira. (Foto: Presidencia do Perú)

Na madrugada da terza feira, a presidenta do Perú, Dina Boluarte, designou e investiu seis novas ministras e ministros, logo dunha cascada de renuncias das e dos seus antecesores, até un terzo do Executivo co se fixo tras destituír o Congreso, controlado pola dereita e a extrema dereita, ao progresista Pedro Castillo a finais de 2022.

A cuarta feira, Boluarte tratará de obter o voto de confianza do lexislativo para o seu Gabinete, entrementres, forzas progresistas impulsan unha moción de censura na súa contra logo de que a pasada semana as forzas de seguridade peruanas violaran o seu domicilio como parte dunha investigación arredor dun presunto enriquecemento ilícito da mandataria relacionado co descubrimento dunha colección de tres reloxos de luxo que non incluíu na declaración de bens que estaba obrigada a presentar.

A investigación contra Boluarte desatouse por mor de choques no seo da Xustiza, copada polos conservadores, que avalou a súa chegada ao poder e até o de agora está a frear os casos polo asasinato de medio centenar de persoas na represión das protestas na súa contra.

Comentarios