A deputada Laia Estrada será a cabeza de lista da CUP nas eleccións cataláns

Laure Vega, que tamén se postulou para dirixir a CUP, irá finalmente de número 2

La diputada de la CUP al Parlament Laia Estrada en roda de premsa.
photo_camera Laia Estrada (Foto: Vilaweb)

Os militantes da CUP decidiron que Laia Estrada, deputada no Parlament, sexa a cabeza de lista para as eleccións en Catalunya de 12 de maio, segundo indica VilaWeb. Laia Estrada foi cabeza de lista por Tarragona nas pasadas eleccións parlamentarias, pero agora concorrerá por Barcelona.

Esta última lexislatura foi cobrando protagonismo e converteuse nunha das caras visíbeis da oposición ao proxecto Hard Rock. Desde o ano 2008 é militante de esquerda independentista catalá, primeiro formando parte de Endavant e máis tarde, 2012, da Candidatura de Unidade Popular (CUP).

Laure Vega, que tamén se presentou para encabezar a CUP, será finalmente a número 2, seguida de Pilar Castillejo, Xavier Pellicer, David Caño, Mar Ampurdanès, Susanna Moreno, Martina Marcet, Oscar Mendoza, e Jordi (Kiko) Estivill. En Girona, a lista estará encabezada por Dani Cornellà, seguido de Montse Vinyets e Ignasi Sabater. En Lleida, Bernat Lavaquiol, Mercè Cortina e Miquel Nadal. E en Tarragona, Sergi Saladié, Eloi Redon e Ortésia Cabrera.

As votacións dos militantes comezaron ao mediodía do domingo e remataron esta segund afeira. Das dúas listas que se presentaron para a demarcación de Barcelona, ​​a máis votada foi a da Estrada con 542 votos. As votacións para ratificar a lista comezarán esta terza feira e prolongaranse até as 8 horas da cuarta feira.

O acto de presentación da candidatura das catro demarcacións terá lugar finalmente a cuarta feira ás 17 horas, nun acto en Barcelona na sede nacional.

A CUP e o PP foron as dúas únicas formacións con representación no Parlamento que non elixiron o seu candidato ás eleccións, e agora queda por saber quen será a cabeza de lista do PP.

Comentarios