No mínimo 15 mortos e nove feridos moi graves nun tiroteo nunha universidade de Chequia

Descartan vínculos co "terrorismo internacional".
Ao fondo, a Facultade na que ocorreu o tiroteo, hoxe en Praga. (Foto: Deml Ondøej / CTK / DPA)
photo_camera Ao fondo, a Facultade na que ocorreu o tiroteo, hoxe en Praga. (Foto: Deml Ondøej / CTK / DPA)

15 persoas faleceron e 24 resultaron feridas, nove moi graves, nun tiroteo hoxe na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Carolina, no centro de Praga, a capital de Chequia. Os primeiros reportes indican que o agresor se suicidou despois do ataque, que o Goberno desvinculou do “terrorismo internacional”.

As autoridades locais debullaron que o atacante era estudante do centro e que o seu pai apareceu morto na súa localidade de orixe, na rexión de Bohemia Central. Ademais, están a estudar se estaba relacionado cun tiroteo o 15 de decembro nun bosque ao leste da capital checa que deixou dúas mortes.

A Policía recibira información con anterioridade de que o autor do crime estaba a viaxar en dirección a Praga para suicidarse antes de constatar a morte do seu proxenitor, e asegurou que se inspirou nun “suceso semellante no estranxeiro”, confirmando que actuou en solitario.

A Universidade Carolina exixiu logo do atentado que se reforcen inmediatamente as medidas de seguridade nos centros de estudos superiores do país membro da Unión Europea.

Comentarios