Nikki Haley consegue a súa primeira vitoria fronte a Trump nas primarias republicanas

Haley venceu no distrito federal de Columbia, onde se encontra a capital dos Estados Unidos de América, Washington.
Nikki Haley. (Foto: Gage Skidmore / ZUMA Press Wire / dp / DPA)
photo_camera Nikki Haley. (Foto: Gage Skidmore / ZUMA Press Wire / dp / DPA)

A candidata republicana Nikki haley conseguiu este domingo vencer o ex presidente Donald Trump nas eleccións primarias do Partido Republicano decorridas no distrito federal de Columbia, onde se encontra a capital dos Estados Unidos de América, Washington, converténdose así na súa primeira vitoria na carreira para ser candidata á Presidencia dos EUA.

Desta maneira, Haley logrou 63% dos votos e 19 delegados fronte á porcentaxe de 33% conseguida do ex presidente Trump nuns comicios nos que só exerceron o seu dereito a voto uns 2.000 republicanos, segundo informou NBC News.

Segundo analistas políticos especializados, Columbia era a mellor opción de Haley para gañar unha elección primaria debido á gran tendencia do distrito federal a apoiar as candidaturas progresistas nas eleccións presidenciais, sendo un lugar onde nunca gañou unha persoa do Partido Republicano.

Haley, que até o de agora tiña perdido contra Trump e todas e cada unha das anteriores votacións, defendera a súa permanencia na carreira electoral debido a que “só se tiña visto votar a unha puñada de estados”.

A pesar da súa derrota, Trump está cada vez máis perto de lograr ser nomeado como candidato republicano, pois é o favorito na maioría dos estados que fican pendentes na contenda por chegar a ser a opción da forza conservadora para loitar pola Presidencia dos Estados Unidos de América.

Supermartes

A principal clave será esta terza feira, na que terá lugar este Super Tuesday 5 de marzo, cando se deciden 800 delegados en 16 estados. O obxectivo é chegar aos 1.125 para asegurarse de forma matemática a vitoria. Polo momento, Trump conta con 247, mentres que Haley fica con 43.

Comentarios