Puigdemont abandonará a primeira liña se non logra volver á Presidencia

Desbotado un acordo co PSC-PSOE.
Carles Puigdemont o pasado sábado na Catalunya Nord. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
photo_camera Carles Puigdemont o pasado sábado na Catalunya Nord. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)

O ex presidente catalán e candidato nos comicios territoriais do 12 de maio, Carles Puigdemont (Junts), sinalou a terza feira que deixará a primeira liña política no caso de non resultar elixido como mandatario despois das votacións, explicando que “en absoluto me vexo como líder da oposición” e que “unha persoa que foi presidente da Generalitat non pode estar nin no Senado nin no consello de administración dunha grande empresa”.

Puigdemont descartou regresar do exilio ao longo da campaña electoral, posto que o retorno “dunha Presidencia que foi ilegalmente destituída debe ser máis de país que de partido”. A expensas da correlación que xurda das eleccións, indicou que a súa aposta é “reconstruír” a maioría independentista, e desbotou un acordo co Partit dels Socialistes (PSC-PSOE).

ILP pola independencia

O Tribunal Constitucional español admitiu o recurso presentado polo Executivo estatal contra a tramitación no Parlament dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para proclamar a independencia, o que implica a súa suspensión provisoria.

Comentarios