Donald Trump arrasa en Dakota do Norte con 84% dos votos na véspera do 'Super Tuesday'

Nikki Haley xógase as súas últimas opcións no 'Super Tuesday', no que se decidirán as primarias de 15 estados.
O ex mandatario estadounidense Donald Trump nun acto electoral (Foto: Joshua Boucher / Europa Press / Contacto).
photo_camera O ex mandatario estadounidense Donald Trump nun acto electoral (Foto: Joshua Boucher / Europa Press / Contacto).

O ex presidente estadounidense, Donald Trump, derrotou á súa rival Nikki Haley nas primarias republicanas de Dakota do Norte, achegándose aínda máis a ser o candidato presidencial.

De acordo con AP, Trump recibiu máis de 84% dos votos, mentres que Haley ficaría en 14%. Segundo as normas do estado, os candidatos poden gañar delegados se obteñen polo menos 20% dos votos e o candidato que obteña polo menos 60% dos votos logrará os 29 delegados do estado.

A vitoria en Dakota do Norte foi a última antes do Super Tuesday, unha das datas máis importantes do calendario electoral estadounidense, cando este 5 de marzo as persoas electoras de 16 estados votarán quen serán os candidatos de cada partido.

O único estado no que Trump perdeu até o momento foi Columbia DC -onde está a capital dos EUA, Washington-, onde Haley gañou o pasado domingo as súas primeiras primarias para ser a candidata do Partido Republicano á Presidencia dos EUA.

Esta é a terceira vitoria consecutiva do ex presidente en Dakota do Norte, onde contou co respaldo do gobernador, Doug Burgum, ex rival durante a campaña deste ano, xa que abandonou a carreira en decembro antes de dar apoio a Trump en vésperas da primarias en Iowa.

Dakota do Norte votou por un candidato republicano en 14 eleccións presidencias consecutivas, sendo Lyndon Johnson, en 1964, o último demócrata en gañar. En 2020, Trump derrotou Joe Biden, actual presidente dos Estados Unidos, por máis de 30 puntos porcentuais.

'Super Tuesday'

O Super Tuesday acapara agora toda a atención, e Haley chega coa difícil tarefa de frear Trump na súa última oportunidade de reducir a fenda que lle separa del. Actualmente o ex presidente conta con 276 delegados por 43 de Haley, que confía en reverter a situación coa vitoria en estados menos conservadores como Massachusetts, Vermont ou Virginia.

Comentarios