Xustiza

Dous ex tripulantes do 'Vila de Pitanxo' aseguran que nunca realizaron simulacros e que apenas tiñan descansos

Un deses mariñeiros relatou ante o xuíz que investiga o naufraxio que unicamente contaban con entre 15 e 30 minutos de descanso para comer e para almorzar, chegando a completar xornadas laborais de máis de 24 horas.
O responsábel de frota de Pesqueiras Nores Marín —propietaria do 'Pitanxo'—, José Antonio Nores González (esquerda), e o director xeral da compañía, José Antonio Nores Rodríguez (dereita), á súa saída da Audiencia Nacional esta mañá. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
photo_camera O responsábel de frota de Pesqueiras Nores Marín —propietaria do 'Pitanxo'—, José Antonio Nores González (esquerda), e o director xeral da compañía, José Antonio Nores Rodríguez (dereita), á súa saída da Audiencia Nacional esta mañá. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
Comentarios