Unha moza de 33 anos morreu nun accidente de tráfico ocorrido nunha estrada de Celanova esta sexta feira. Segundo informou o 061, a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu a alerta por accidente de tráfico en Celanova contra as 15.12 horas de hoxe.
Até o punto enviáronse varios medios: un helicóptero do 061, unha ambulancia asistencial de soporte vital básico do 061 e persoal sanitario do PAC de Santiago. No lugar do sinistro foi atendida unha paciente, que faleceu alí a pesar da actuación sanitaria.