SOCIAL
Adega chama á colaboración para deter a tramitación de tres novos parques eólicos
02/xuño/23
O obxectivo mínimo de recadación colectiva estabelecido por Adega para os desafíos #TPPVilartoxo e #TPPTroitomil é de 6.500 euros.
O colectivo ecoloxista activa unha campaña de recadación de fondos para presentar recursos contencioso-administrativos contra a instalación de parques eólicos.
O polígono eólico Monte da Croa, promovido inicialmente por Villar Mir Energía SLU, e transferido á empresa Cartera Vimira 24, SLU, afecta os concellos de Vimianzo e Dumbría, concretamente, ás parroquias de Cambeda, Castrelo, Baíñas e Berdoias.
Nas próximas semanas principiarán unha nova campaña de recadación solidaria para facer fronte aos custos dos contenciosos.