arte

Acto de presentación da homenaxe a Chichi Campos, esta quinta feira (Foto: Consellaría de Cultura).
CULTURA

Chichi Campos será rememorado con motivo do Día da Ilustración

A Biblioteca da Galiza acollerá unha mostra do artista.
'Lavanderas de Galicia', de Joaquín Sorolla, Museo Carmen Thyssen Málaga.
Agora

Carmela Galego analizará na Coruña o legado artístico do pintor Joaquín Sorolla

Esta cuarta feira, 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, Carmela Galego ofrecerá unha palestra co título Sorolla á luz da modernidade, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.  Despois de que en 2023 se celebrase o centenario do pasamento do pintor Joaquín Sorolla, a palestra analizará o legado que deixou. Da súa paleta semella que nace a claridade. "El ve a luz en 1863, o mesmo ano que a pintura contemporánea fascinou en París. Sabe combinar a receita perfecta entre tradición e modernidade que lle permite bogar con mestría grandes salóns, museos e paredes particulares. Gran coleccionista e pesquisador incansábel de identidades nas fronteiras do costumismo, a súa pintura deixa unha valiosa testemuña dunha forma de entender o mundo e a arte", declara Galego.  

'Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes | Congreso Novas Voces da Poesía' por Rosalía Fernández Rial

Unha imaxe do vídeo 'Abellón'.
star
CULTURA

As abellas: de vínculo co alén a símbolo da crise contemporánea da biodiversidade

O Museo Reina Sofía de Madrid vén de publicar Abellón, unha peza audiovisual de Xoán-Xil que se insire no proxecto do mesmo nome e que indaga na relación das abellas e a morte na cultura popular galega, ligándoa con prácticas doutras xeografías.
Unha das ilustracións de Vaamonde Cornide para a 'Revue Illustrée du Rio de la Plata".
star
CULTURA

Perfecto Ramos relata o éxito e a frustración do pintor Vaamonde Cornide

Perfecto Ramos vén de publicar Joaquín Vaamonde Cornide (Aira) a historia dun pintor que logrou o éxito e a fama entre as elites americanas e europeas, pero que nunca logrou superar a amargura de non poder levar a cabo o seu verdadeiro ideal artístico.
Alice Wonder no Teatro Colón. (Foto: María Simón)
CULTURA

Elas son Artistas consolídase como referente da igualdade na cultura

Perto de catro mil asistentes visitaron os oito concellos da área metropolitana da Coruña para gozar dun vibrante escenario cun gran elenco de artistas femininas.

'Non sei se é amor', de Susana Gómez.
star
CULTURA

'Do final e do comezo': a arte do futuro exponse en Pontevedra

A exposición Do final e do comezo, inaugurada onte no Pazo da Cultura de Pontevedra, mostra no Pazo da Cultura unha selección de traballos de estudantes da última promoción formada en Belas Artes. Na súa arte, o doméstico e o emocional defínense como parámetros a partir dos cales elaborar un traballo que indaga nas orixes e subvirte os códigos.
Instalación 'Flor e acanto', e Almudena Fernández Fariña, no recibidor do CGAC (Foto: Manu Suárez).
CULTURA

Últimos días para ver 'Conexións surrealistas' ou 'Memoria do Ceo'

Últimos días para ver algunhas das exposicións de 2023.
Detalle do mural 'A dona do esteiro', de Lula Goce, situado na Ramallosa de Nigrán. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Tres murais galegos compiten por ser o mellor do mundo

A autora, Lula Goce, empregou a intelixencia artificial para xerar o rostro da muller retratada, partindo dunha mestura de imaxes de Penélope Cruz e outras caras femininas elixidas aleatoriamente.
O artista José Perozo elaborando algunhas das súas pezas. (Foto: Tacho Jiménez)
Contracultura

José Perozo: "Presentar o corpo como unha arquitectura orgánica paréceme un paralelismo interesante"

José Perozo (Vigo, 1979) inaugura 'Antropotectura', unha exposición que estará aberta ao público na galería Monty4 (A Coruña) até o 2 de febreiro e que aborda a relación da arquitectura co corpo humano.
'San Telmo', Urbano Lugrís, 1978 (Colección de arte Afundación).
star
Análise

O 'lugrisismo' de Urbano Lugrís

Mercedes Rozas é historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.

Entrega de premios do Maratón Fotográfico
Publirreportaxe

Lugo Cultural, un punto de encontro entre a comunidade universitaria e a cidade a través da arte

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou co Lugo Cultural, unha programación organizada pola área de Cultura da Universidade de Santiago, que conta tamén coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo e que ten como obxectivo fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros de encontro entre a cidade e o campus..
 
Cidade da Cultura de Compostela. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

A Cidade do 20% da Cultura: só a quinta parte das visitantes do Gaiás acoden atraídas polo programa

A Xunta da Galiza vén de ofrecer un balance da Cidade da Cultura no ano 2023 que insiste na indefinición do complexo do Gaiás malia o anuncio dunha "nova etapa" no ano 2021. Só unha quinta parte das persoas visitantes do Gaiás acoden ao complexo para asistir a algunha das actividades do programa cultural.
'Vicisitudes do plano', 1980.
star
Arte

Caruncho: lirismo da xeometría

Un dos 'eremitas' de Acisclo Manzano.
CULTURA

Acisclo Manzano homenaxea os eremitas da Ribeira Sacra

O recoñecido escultor ourensán sinala que Eremitas é "unha homenaxe aos homes e ás mulleres que decidiron perderse no deserto verde daquela ribeira á que o Padre Yepes bautizou como Ribeira Sagrada".
'Domus Omnia Lajazos III' e Antón Lamzares. (Foto: CCG)
star
CULTURA

Antón Lamazares tomará o CGAC de febreiro a maio

Dunha gran mostra dedicada a Antón Lamazares ás políticas da representación de Mar Caldas e da arte centroamericana ás novas linguaxes: o Centro Galego de Arte Contemporánea ten previstas once exposicións para o ano 2024.
Unha das salas da
exposición de Vigo.
star
CULTURA

As artes plásticas na obra e na traxectoria de Fernández del Riego

A relación de Fernández del Riego coas artes plásticas quedou sempre algo relegada no estudo da súa obra. A exposición que estivo presente en Vigo ao longo deste ano, ao coidado de Beatriz Liz de Cea, mostran a importancia que tivo na traxectoria do autor.
Inmaculada Real e a deputada de Cultura, da Deputación de Lugo, Iria Castro inaugurando o acto.
star
CULTURA

O Museo de Lugo recupera a arte da diáspora

O Museo de Lugo acolleu onte unha xornada que tiña como obxectivo divulgar a efervescencia creativa na Galiza no primeiro terzo do século, e como o golpe militar do 36 e a ditadura franquista truncaron unha etapa chave na historia da arte galega, lembrando as e os artistas expulsados e analizando a influencia da diáspora na súa produción creativa.
A obra de Sergio Marey titulada Cruceiro a Santa Librada e demais mártires disidentes (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

A creatividade novel máis social e persoal agarda no Auditorio da Galiza

O XIII Premio do Auditorio da Galiza para Artistas Noveis recoñeceu en Compostela a obra de 33 artistas menores de 40 anos. Os tres primeiros galardóns foron para Sergio Marey (Pol, 1997), Laure Mojo (O Pino, 1985) e Breogán Xague (Vigo, 1999). 
A artista Candice Breitz, de orixe xudía, foi acusada de antisemitimo por defender os dereitos do pobo palestino.
star
CULTURA

Canceladas por solidarizarse co pobo palestino

En todo o mundo estanse a repetir episodios de censura que castigan creadoras e creadores que mostran a súa solidariedade co pobo palestino. As ameazas á liberdade de expresión e a reacción do mundo da arte demostra que as batallas culturais teñen unha grande importancia na loita por manter os principios democráticos ante as ameazas totalitarias.