arte

Sergio Marey (Foto: Sergio Ro).
CULTURA

Sergio Marey: "Procurei artistas emerxentes que traballasen a partir de obras de pintoras expostas en Lugo"

Sergio Marey (Pol, comarca de Meira, 1997) comisaria a mostra 'As 7 e 7. Hora de falar', onde pon en diálogo as obras de artistas da colección do Museo Provincial de Lugo con outras artistas contemporáneas. A exposición estará aberta ao público até mediados de abril.
'Un anaco de esperanza', obra de Encarnación Penelas.
CULTURA

A escultora Encarna Penelas doa a súa colección de arte ao Concello de Vigo

Olegado está composto por 157 obras da súa autoría e de artistas amigos como Laxeiro
'O cambista e a súa muller', de Marinus van Reymerswale. Óleo sobre táboa. S. XVI. (Foto: Museo do Prado).
star
Análise

Unha moeda: un mundo

Aurelia Balseiro García é museóloga e e directora do Museo Provincial de Lugo.
A mestra de secundaria e docente no Centro Galego de Arte Contemporánea, Paula Blanca Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Paula Blanca Rodríguez: "Atopei unha conexión entre a rebeldía evidente e a rebeldía solapada na pintura"

Blanca Paula Rodríguez (Compostela, 1973), licenciada en Dereito e Historia, é a autora do ensaio 'Catro exemplos da ‘arte dexenerada’ galega fóra da España saudábel', onde recolle as confluencias de Maruxa Mallo, Eugenio Granell, Luís Seoane e Manuel Colmeiro e que foi galardoado co Premio Manuel Murguía de Ensaio, outorgado pola Deputación da Coruña.
Retrato de muller sobre un fondo vermello, de Salustiano. (Foto: Arquivo Salustiano).
star
Análise

A beleza artística sempre está en movemento

Mercedes Rozas é historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.
Reconstrución de un dos murais de Urbano Lugrís. Non existen fotos coñecidas do estado no que se atopan agora.
Camiño do 'BIC'

A triste sorte dos murais coruñeses de Lugrís: "Todas as demoras levaron á situación na que estamos agora"

Tras anos de advertencias por parte do tecido social da Coruña, a Xunta de Galiza e o Concello anunciaron esta cuarta feira a súa intención de declarar BIC uns murais de Urbano Lugrís xa moi deteriorados situados en inmóbeis que acolleron negocios de hostalaría.
A narradora oral Vero Rilo, a música Mónica de Nut e a recitadora Nuria Vil (Foto: Yolanda Ataraxia).
Contracultura

Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil: "Desde a nosa perspectiva artística, cada unha de nós dialoga ou reinterpreta a obra de Villalta"

Nuria Vil (Vigo, 1993), recitadora; Vero Rilo (Mugardos, 1984), narradora oral, e Mónica de Nut (Oia, 1976), música, presentan Indóciles, un proxecto multidisciplinar que pretende achegar o legado e a voz de Luísa Villalta ao público. A súa preestrea foi esta quinta feira en Arcade (Soutomaior) e hoxe estrearase no Festival Rosalía de Compostela (20.30 horas).
A exposición está patente en Vilagarcía até o vindeiro día 25.
star
CULTURA

'Bueno, carallo, bueno': Xosé Freixanes, Alberto Avendaño e a apocalipse

Bueno, carallo, bueno é unha colaboración entre o pintor Xosé Freixanes e o poeta Alberto Avendaño. Un libro que deixa de ser libro para ser exposición e unha exposición, que se pode ver agora en Vilagarcía, que chama polo libro. Nese proxecto, os dous creadores sitúanse como espectadores dunha apocalipse que está sendo longa e que resulta xa aburrida. Contemplándoa, reflexionan sobre identidades, hibridacións e viaxes.

'A Sra. Badgely e a Srta. Moore coa Srta. Sherwood e a Srta. Mowry dándose a man', 1892.
star
Arte

Fotografía e xénero, a obra de Alice Austen

Alice Austen. Desfacer o xénero Alice Austen / Museo municipal “Quiñones de León”, Parque de Castrelos, Vigo / Até o 31 de marzo de 2024.
Unha das salas da exposición.
CULTURA

Nova exposición sobre as identidades en Pontevedra

Obras de nove artistas e estudantes propoñen “un percorrido” arredor da “autopercepción, o corpo, o fogar e a memoria”, 
Deseño de Leandro Lamas.
18-F

30 artistas galegas lanzan un manifesto polo "cambio galego" o 18 de febreiro

Entre as persoas asinantes están Leandro Lamas, Pruden e Lúa Lomo ou o Carrabouxo

Unha sala da exposición de Vicente Blanco na galería Néboa de Lugo.
CULTURA

A fraxilidade na obra de Vicente Blanco

Fraxilidade fronte a depredación. Coidados fronte a violencia. Suspensión do sentido fronte a discurso dominante. Vicente Blanco expón debuxos na galería Néboa de Lugo que reivindican unha nova mirada fronte a realidade, que considera a man como ferramenta de pensamento, ademais de como útil de traballo.
A escritora Lorena Conde. (Foto: S. G)
star
Libros

Pode a vida ser arte?

“Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímolo contar co que temos: co corpo, coa palabra, co bidón de gasolina de quen sabe que hai pouco que perder”.
 
Detalle da portada do disco Lugar A Ponte
star
Música

Un traballo coidado, por fóra e por dentro

‘Lugar A Ponte’ resume as nosas aprendizaxes na constante procura do Fogar. Un fogar conformado polas experiencias e persoas que nos acompañaron nestes anos e que nos fixeron afondar en nós mesmas. Como resultado desta aprendizaxe xorden dez pezas cuxas letras e melodías contan historias cheas de recordos, de presente e de futuro.
Vista xeral da exposición.
star
CULTURA

Así é a arte que xorde da precariedade na Fundación Laxeiro

O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade, foi que se pode ver na Fundación Laxeiro de Vigo até o 3 de marzo, ten como fío condutor a idea de creación sostíbel e a cr´itica ao produtivismo da sociedade contemporánea. Comisariada polo artista e investigador Alberto Santos, a exposición reúne as creacións de Alberto Ardid, Julio Catalán, Mar Ramón e Estéfana Román.
Chichi Campos (Foto: Consello da Cultura Galega)
star
CULTURA

Entre o underground e a primeira liña política: o punk elegante de Chichi Campos mostra as súas estampas no Día da Ilustración

O Día da Ilustración celebra a figura e a obra de Chichi Campos, un creador cuxa obra serve de testemuña dunha época na que se mesturaban confusamente as esperanzas e as frustracións.
Un fotograma de 'El sembrador de estrellas'.
star
CULTURA

Lois Patiño reivindica a mirada activa: así é 'Marea', a exposición que o artista inaugura na Coruña

O cineasta Lois Patiño vén de inaugurar na Fundación Luis Seoane da Coruña a exposición Lois Patiño. Marea, un traballo que resume moitos dos elementos que definen a súa obra e que reivindican a contemplación como un medio de coñecemento que parte do sensíbel para atinxir a experiencia do sublime. A mostra viaxará en maio ao Centro Torrente Ballester de Ferrol.
Iria Castro, Sarmiento e Balseiro xunto á obra de Nóvoa, 'Samos'.
Agora

O Museo de Lugo incorpora á súa colección unha obra de Leopoldo Nóvoa

O Museo Provincial de Lugo incorpora á súa colección de arte galega a obra Samos do artista lucense Leopoldo Nóvoa (1919-2012), doada ao museo pola viúva do pintor, Susana Carlson. A deputada de Cultura, Iria Castro, e a directora do Museo, Aurelia Balseiro, recibiron a doazón da man de Rosario Sarmiento, comisaria da exposición Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura, patente na Sala de Exposicións Temporais até o 4 de febreiro. 

Samos é un cadro que ten como elemento central unha lasca de pizarra recollida polo pintor na vila de Samos. Foi realizado en Armenteira, na casa-taller na que Nóvoa, pasaba longas tempadas estivais, e que constituía un dos  seus espazos de creación mais importantes. Un lugar da gran sobriedade, beleza e recollimento que Nóvoa levaba as súas obras. En Samos está presente, nese sentido, o valor da sobriedade no discurso plástico do artista. É unha obra na que predomina os negros o grises, apenas rotos por una banda de cor avermellada que atravesa a súa superficie lateralmente.

Manuel Moldes na inauguración da súa exposición no Pazo da Cultura de Pontevedra, en decembro de 2005 (Foto: Fundación Manuel Molde).
star
Reportaxes

Manuel Moldes: Misterio + Luz = Pintura Vida

A cidade de Pontevedra acolle até o 30 de marzo a exposición inaugural da Fundación Manuel Moldes, Misterio+Luz=Pintura Vida, formada por vinte e sete obras que representan as cinco décadas de traballo artístico do propio Manuel Moldes. A mostra está comisariada por Carmen Díaz, 'May', presidenta da fundación e viúva do artista pontevedrés, e mais polo critico de arte Ramón Rozas.
'Triangle herissé à trois reliefs', 1979.
star
Arte

O silencio da pintura. A obra de Leopoldo Nóvoa en Lugo