ECONOMÍA
Así son as rebaixas nas peaxes da AP-9
26/xul./21
Anunciounas esta segunda feira a ministra de Transporte e algunhas entrarán en vigor esta mesma semana.
POLÍTICA
Sánchez anuncia que o Consello de Ministras aproba esta terza feira unha "drástica redución" das peaxes da AP-9
26/xul./21
Destaca o abaratamento da autoestrada e a chegada da AVE como "probas inequívocas" do "compromiso" do Executivo español con Galiza.
POLÍTICA
O Executivo prevé agora que as rebaixas das peaxes sexan en agosto
13/xul./21
O Goberno estatal autoriza a senda de gasto para as bonificacións das peaxes na AP-9.
ECONOMÍA
As galegas e galegos pagaron 3.228 millóns de euros en portaxes por circular pola AP-9
09/xul./21
As tarifas da autoestrada, entre as máis altas do Estado.As bonificacións nas portaxes da AP-9 seguen sen chegar. Mentres a adxudicataria da autoestrada do Atlántico, Itínere, continúa declarando beneficios pola explotación desta vía de pago, as rebaixas para as persoas usuarias anunciadas polo Ministerio de Fomento para o mes de xullo seguen sen concretarse.
SOCIAL
A transferencia á Galiza da AP-9 no ar, polo cambio de posición do PSOE
08/xul./21
Os socialistas galegos, molestos coa actitude do Goberno. A transferencia á Galiza da titularidade da AP-9 está en risco. Á coñecida oposición a esta demanda do grupo parlamentario de Vox súmase agora o rexeitamento do PSOE, que con anterioridade tiña expresado o apoio a esta reclamación. As dificultades e as tensións volven pairar sobre este proceso.
POLÍTICA
O BNG exixe a aplicación “inmediata” das bonificacións na AP-9
08/xuño/21
O Goberno estatal continúa sen aplicar as bonificacións acordadas entre PSOE e BNG, no pacto de investidura de Pedro Sánchcez, nas portaxes da AP-9. Néstor Rego exixe a súa "inmediata" posta en marcha e pide que se desbloquee a transferencia desta infraestrutura.
SOCIAL
O Goberno español recúa e promete que non estabelecerá peaxes nas autovías se non ten apoio da oposición
11/maio/21
Após a enorme contestación social, particularmente forte na Galiza pola contraposición da medida co compromiso de rebaixar as taxas da AP-9, o ministro de Transportes destacou que acometerán “unha rebaixa histórica” na autoestrada do Atlántico.
ECONOMÍA
A Xustiza anula a sentenza que obriga Audasa a devolución das peaxes polas obras da AP-9
19/abr./21
A concesionaria da infraestrutura fora condenada a devolver os importes das portaxes pagadas por usuarias da autoestrada mentres se realizaron as obras de ampliación da ponte de Rande, entre 2015 e 2018.
Que pasa coa AP-9?
Recorte no horizonte: o Goberno estatal planea cobrar polo uso de autovías
16/abr./21
O Executivo de Pedro Sánchez quere implantar portaxes na rede de autoestradas e autovías para financiar os custos asociados á súa conservación. Unha medida que forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno para recibir as axudas da UE.
POLÍTICA
As familias numerosas terán rebaixas nas peaxes das autoestradas galegas
03/mar./21
O sistema de descontos aplicarase nos viarios de titularidade galega.
POLÍTICA
A Xunta pide a gratuidade total das peaxes nas viaxes de volta na AP-9
18/feb./21
O Consello da Xunta, reunido hoxe en San Caetano, elaborou unha proposta que remitirá á Moncloa para exixir a aplicación inmediata das bonificacións nas peaxes da autoestrada do Atlántico, a AP-9, previstas nos orzamentos do Estado de 2021, e que aínda non entraron en vigor.
TRABALLO
O sector do transporte exixe a apertura da restauración nas estradas
31/xan./21
Denuncian o "total abandono" por parte da Administración.
ECONOMÍA
Audasa pide ser compensada pola caída de tráfico na AP-9
22/xan./21
A concesionaria da AP-9 pide ao Estado español unha compensación pola caída de tráfico na autoestrada e deixa a porta aberta a solicitar unha prórroga da concesión.
ECONOMÍA
A Xunta baixará a peaxe dalgúns tramos das súas autoestradas
08/dec./20
A Consellaría de Infraestruturas anunciou, para o inicio de 2021, a rebaixa no prezo en parte da rede viaria de pago da súa competencia.