"Conseguir a igualdade real para todos os españois sería un bo comezo"
A xornalista Beatriz Pino naceu en Vigo en 1975 e encabeza a candidatura de Ciudadanos ao Congreso por Pontevedra. É licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid, e voltou a Galiza após traballar en Telemadrid e Antena 3. Coñece ben a organización e ideoloxía de Ciudadanos, xa que foi a responsábel de comunicación do partido na Galiza. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.