Donald Trump

Donald Trump o pasado 28 de xullo (Foto: Europa Press / Brian Cahn)
INTERNACIONAL

Os fiscais contra Trump piden o secreto de sumario tras denunciar ameazas

A petición chega despois de denunciar que o ex mandatario publicou na súa rede social, Truth Social: "Se ides por min, irei por vós!".

O ex presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, nunha intervención en Iowa a pasada sexta feira. (Foto: Brian Cahn / Zuma Press Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

Trump comparece ante a Xustiza por intentar un autogolpe de Estado ao perder as eleccións de 2020

O tribunal federal da capital dos Estados Unidos acolle esta quinta feira a lectura de cargos da última acusación contra o ex presidente Donald Trump, a máis grave até o de agora, na que detalla un plan para reverter a súa derrota nas urnas e ficar no poder.
Donald Trump o pasado mes de xuño en Washington. (Foto: Aaron Schwartz)
star
Análise

Verdade descarnada: todo é polo petróleo

Farruco Sesto foi ministro de Cultura do Goberno venezolano.
O ex presidente dos EUA, Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contacto Photo)
Agora

Difunden un audio no que Trump admite posuír documentos "altamente clasificados"

A canle de televisión CNN vén de publicar un audio do ex presidente estadounidense Donald Trump no que admite estar en posesión de documentos "altamente clasificados", desmentindo así as súas afirmacións previas de que desclasificara con anterioridade eses arquivos. Na gravación, que Trump cualificou de "ilegal" e afirmou que está "manipulada" no marco dunha "continua caza de bruxas" que percibe contra el, alude a un suposto plan de Washington para invadir o Irán e que compartía con persoas que non podían acceder a eses documentos por estaren clasificados. "Isto gaña totalmente o meu caso, sabes? Agás por que se trata de algo totalmente confidencial", di no audio.
O ex presidente estadounidense Donald Trump. (Foto: Niyi Fote / TheNEWS2 via ZUMA Pres / DPA)
INTERNACIONAL

Donald Trump, de novo no albo: imputado no caso dos documentos clasificados

O ex presidente está acusado de cometer até sete delitos federais vencellados á Lei de espionaxe, após achar o FBI documentación clasificada na súa mansión de Palm Beach, en Florida. De forma paralela, Joe Biden está a ser investigado pola mesma cuestión, neste caso a raíz dun rexistro na súa vivenda de Delaware.
Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contactophoto)
Agora

Donald Trump é declarado culpábel de abusar sexualmente da escritora E. Jean Carroll

O xurado de Manhattan vén de declarar o ex presidente dos EUA Donald Trump como culpábel de abusar sexualmente da escritora E. Jean Carroll, aínda que non considera que houbese violación. O ex mandatario terá que pagar, por tanto, 2 millóns de dólares como indemnización. Trump, que rexeitou acudir ao xuízo, estaba acusado de agredir sexualmente a a columnista e de difamala despois afirmando que se inventou a historia. 

O presidente dos EUA, Joe Biden, nunha visita a Nova York. (Foto: Bruce Cotler / ZUMA Press Wire)
INTERNACIONAL

Joe Biden anuncia que se presentará á reelección para a Presidencia dos EUA

Aos seus 80 anos de idade, Biden é o líder de maior idade na historia do país norteamericano e en caso de completar un segundo mandato, faríao con 86 anos, o que está a causar preocupacións sobre a prolongación da súa carreira presidencial.
Donald Trump a cuarta feira. (Foto: Campaña electoral de Donald Trump)
INTERNACIONAL

Trump pide ao Partido Republicano quitar os fondos á Xustiza e ao FBI

Trump insiste na denuncia de interferencia nos comicios de 2024 a raíz da súa imputación por 34 delitos tras, segundo a Fiscalía, conspirar "para socavar as eleccións" de 2016 que o levaron á Presidencia.

Protesta en contra de Donald Trump esta terza feira en Nova York perante a entrega do ex presidente ás autoridades. (Foto: Christina Horsten / DPA)
star
INTERNACIONAL

Trump, imputado por 34 delitos de falsificación de rexistros comerciais

A chegada do ex presidente estadounidense Donald Trump ao xulgado produciuse entre protestas a favor e en contra do litixio, nun caso que pode supor un impulso ás aspiracións de Trump de recuperar a Presidencia do país americano nas eleccións de 2024.
Unha muller sostén un cartaz con Donald Trump apresado. (Foto: Gina M. Randazzo)
INTERNACIONAL

Barricadas en Nova York para a entrega á Xustiza de Donald Trump

A prensa estadounidense avanza que está acusado de falsificar rexistros comerciais, mais até a lectura de cargos unha vez arrestado Trump no se saberá con certeza.
Oficina da Fiscalía de Distrito de Manhattan, Nova York, que impulsou a imputación de Donald Trump, a pasada quinta feira. (Foto: Vanessa Carvalho / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Trump entregarase á Xustiza dos Estados Unidos a terza feira

Nova York ultima os preparativos para que o ex presidente Donald Trump sexa arrestado ao entregarse de forma voluntaria a vindeira semana tras as acusacións dun xurado que incrementan as tensións no país un ano antes das eleccións presidenciais.
Donald Trump e Stormy Daniels. (Fotos: Zuma Press | Wikipedia)
INTERNACIONAL

Donald Trump, un suborno e unha actriz porno: por que é o primeiro ex presidente imputado con cargos penais?

Deberá comparecer ante o xuíz polo presunto suborno a Stormy Daniels co obxectivo de "silenciala".
Donald Trump nunha protesta polo resultado das eleccións (Foto: Bryan Smith / ZUMA Wire / Dpa)
INTERNACIONAL

"Son uns comunistas". Trump dá inicio á súa campaña centrando o seu discurso en Joe Biden

O ex presidente dos EUA criticou a "corrupción masiva" vista no computador portátil de Hunter Biden, fillo do actual inquilino da Casa Branca.
Seguidores de Trump durante o asalto ao capitolio o 6 de xaneiro de 2021 (Foto: Michael Nigro / Zuma Press / Contactophoto).
INTERNACIONAL

Podería repetirse o asalto ao Capitolio dos EUA nos próximos días?

O xefe da Policía do Capitolio de Estados Unidos (USCP, polas súas siglas en inglés), Tom Menger, admitiu a posibilidade dun novo asalto ao capitolio por parte dos seguidores de Donald Trump.
Cassidy Hutchinson (Andrew Harnik / Poool via CNP / Zuma Press / Contact).
INTERNACIONAL

Unha ex asistente da Casa Branca di que o xefe de gabinete de Trump queimaba documentos após perder as eleccións

Cassidy Hutchinson, antiga asistente da Casa Branca durante a Administración de Doanld Trump, asegurou que viu como o xefe de gabinete do entón máximo mandatario dos EUA, Mark Meadows, adoitaba queimar documentación durante as últimas semanas de Trump no cargo.
Miles de persoas vinculadas con movementos de extrema dereita e alentadas por Donald Trump asaltaron o Capitolio o 6 de xaneiro de 2021. (Foto: Douglas Christian / ZUMA Wire)
INTERNACIONAL

"O asalto ao Capitolio non ocorrería sen Trump"

O comité do Congreso que investigou durante o último ano e medio a invasión do edificio por parte de simpatizantes radicais do ex presidente conclúe que foi o propio Donald Trump o máximo responsábel. Os congresistas piden para el a inhabilitación total e que sexa axuizado pola presunta comisión de catro delitos, entre eles o de insurrección.

Trumpistas tamén en Alemaña

O ex presidente dos EUA, Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contacto Photo)
INTERNACIONAL

O propietario de Twitter deixa a restitución da conta de Trump nas mans dunha enquisa na rede social

Elon Musk pide ás persoas usuarias da rede social que decidan se a conta do ex presidente dos EUA en Twitter debe ser restabelecida.
O presidente dos EUA, Donald Trump. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Trump anuncia a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2024 nos Estados Unidos

Os republicanos, a piques de controlar a Cámara de Representantes ante o avance no escrutinio, que os deixa a apenas un escano de obter a maioría na cámara baixa. Mentres os republicanos continúan a debater sobre uns resultados por baixos das expectativas, o ex presidente Trump lanza a campaña para tratar de volver á Presidencia en 2024.
O ex presidente Donald Trump. (Foto: Orit Ben-Ezzer / ZUMA Press Wire / d / DPA)
INTERNACIONAL

A OSCE critica os "esforzos" por minar a confianza na democracia nos Estados Unidos

Os republicanos están perto de facerse coa Cámara de Representantes, outra cousa é o Senado, con moitas posibilidades de que a maioría non fique definida até a segunda volta en Xeorxia, que decorrerá a comezos de decembro.