POLÍTICA
O BNG denuncia o uso "partidista" do PP coa lei do litoral
21/xan./23
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia que o Partido Popular está a facer un uso "partidista" da lei do litoral. Os nacionalistas levarán á Cámara unha proposición non de lei para a defensa do exercicio por parte da Galiza de todas as competencias relacionadas co dominio público marítimo e terrestre, algo “esencial”, como recollen na iniciativa xa rexistrada.