Ricardo Suárez
11/out./23 21:20
Máis de 260.000 persoas, nunha poboación total de 2,2 millóns de habitantes, están desprazadas do seu fogar na Faixa de Gaza. A esta complicada situación engádeselle a ausencia de enerxía eléctrica provocada polo asedio israelita, ao tempo que a comida escasea. Ademais, catro traballadores da Media Lúa Vermella así como un mínimo de 11 da ONU faleceron polos bombardeos de Israel contra Palestina.