A Xunta volve facelo: “Como che imaxinas a Galicia futura?”
Tres meses despois de ser inaugurada a exposición “Galicia Futura” a Xunta da Galiza aínda recolle en páxinas web institucionais un erro que chamara a atención das persoas usuarias: “Como che imaxinas a Galicia futura?”.
Tesoirada á promoción do galego: o orzamento cae dos 13 aos 10 millóns
Unha das partidas que se reducen no proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 é a dedicada á normalización lingüística. A promoción do galego recibe 3 millóns de euros menos que en 2021, ao pasar dos 13 aos 10.
Sánchez anuncia un "proxecto estratéxico" que enxalza o español e esquece o galego, o catalán e o euskera
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou na mañá da sexta feira que o Consello de Ministros vai aprobar un Proxecto Estratéxico nas próximas semanas co obxectivo de xerar oportunidades de negocio tendo como base a lingua española. Chamarase "O español, val da lingua" e con el quere aproveitar o potencial do idioma en multitude de campos como a tecnoloxía, o turismo ou a industria. Nada di ao respecto das outras linguas oficiais do Estado español.
Aleksandr Dziuba: "O obxectivo deste dicionario é crear unha ponte entre o galego e o ruso"
Podemos pide no Congreso "dignificar" todos os acentos
O grupo Unidas Podemos pediu no Congreso medidas que combatan “as burlas e mesmo a discriminación" por cuestión de acento”.
Ana Pontón ve no movemento neofalante a "esperanza" do galego
“Enaire non responde ás nosas solicitudes por estaren en galego”
A FGAMT-CIG realizou na mañá da sexta feira unha concentración no aeroporto Rosalía de Castro para denunciar “a vulneración de dereitos sindicais e lingüísticos tan básicos como o dereito á información, á representación sindical e ao emprego do noso idioma” por parte de Enaire, entidade dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e que conta cun centro de traballo no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.
O PP leva ao Parlamento unha iniciativa contraria ao galego nas aulas
Grupo Parlamentario Popular presentou no Parlamento galego unha proposición non de lei urxente ante a "preocupación" que lle suscitan as modificacións da reforma educativa.
O Partido Popular volve á carga contra o galego
O Correlingua volta aos centros de ensino no seu 20 aniversario
Correlingua fecha a paréntese aberta pola pandemia e volta aos centros de ensino para reclamar unha vida en galego e o dereito ao uso da lingua propia da Galiza. Faino baixo o lema "Vinte coa lingua" no seu vixésimo aniversario.