Twitter recomenda contidos en divehi ou esperanto mais non en galego
A rede social discrimina as e aos galegofalantes nas recomendacións de contidos, pois non contempla o idioma propio da Galiza. Isto provoca, entre outras cuestións, que na cronoloxía se impoña a axenda española fronte á galega.
Só 21% da docencia na USC se imparte en galego
O español é o idioma con abafante maioría na Universidade de Santiago: máis de 75%.
É o galego un reclamo para o turismo?
En non poucas ocasións adóitase escoitar a pregunta “Alguén non entende o galego?” mediante a que se despraza o noso idioma en espazos públicos como museos, roteiros, ou visitas guiadas. Un fenómeno que acontece de maneira máis intensa na época do verán, ao tomarse o turismo para pretender xustificar a substitución do galego polo castelán. Pese a todos os prexuízos e desprezos, o galego ten un inmenso valor potencial tamén para o sector turístico, e así o analizaron no XV Curso de verán sobre dinamización lingüística da UdC.
Pagazaurtundua (Cs) pide en Vigo que o galego non sexa requisito na Galiza para “evitar barreiras”
A número 2 de Ciudadanos ao Parlamento europeo, Maite Pagazaurtundua, di ser “unha namorada da riqueza cultural”, mais explica que o galego non debe ser un requirimento na Galiza para "evitar barreiras".
Quince concellos únense na Asociación de Entidades Locais pola Lingua
Nace para pular polo galego, promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.
Xeración Z: galegofalantes en mínimos e prexuízos sobre o sotaque e fonética galega
Son os nados na década dos 90. Un estudo da Real Academia Galega indica que falan menos galego que as xeracións anteriores mais tamén ten menos prexuízos a respecto do idioma. 34% son monolingües en castelán, grupo maioritario; 32% falan máis castelán que galego; 18% só galego e 15,5% máis galego ca español.
"Non imos permitir que se siga lexislando contra o galego"
A portavoz nacional do BNG insistiu na necesidade de defender a lingua, nun acto organizado para honrar a figura de Manuel María, no que leron e repartiron polos comercios locais, un poemario onde se recollen os versos do poeta a Compostela.
Un centro infantil da Coruña impídelles ás profesoras empregar o galego
Jungle World, centro infantil situado no centro da Coruña, vén de remitirlles ás traballadoras unha carta na que expresamente se lles impide o uso do galego nas actividades que desenvolven.
"Os premios de Toulouse recoñecen a nosa cultura e o noso idioma, o que somos nós"
Ignacio Vilar, director de A Esmorga, vén de chegar a Galiza despois de recoller tres galardóns no festival de cinema de Toulouse. Nesta entrevista nárranos como se sente logo do suceso neste certame, onde a fita se fixo co premio ao mellor director, o premio ao mellor actor ex aquo para “Morrís”, Karra Elejalde e Miguel de Lira e o premio á mellor fotografía.
O lugar de soberanía do idioma
Vimos celebrar tamén ás institucións culturais e aos homes e mulleres que fixeron e fan da nosa cultura o centro de gravidade do seu labor. Sería impensábel a nosa cultura e a actividade da AELG sen a colaboración fértil destas institucións
O idioma galego, motor da vida plena
A poucos días de celebrar o Día das Letras Galegas, convén unha reflexión para considerar o estado actual do monumento mais orixinal que ten o noso pobo, como é o seu idioma que sustenta o herdo e a tradición. Existimos como galegos grazas ao idioma que dimensiona o noso existencialismo. O 17 de maio convértese en manancial reivindicativo para frear a desfeita progresiva que tantos intereses colonialistas revela.
A meirande iniciativa en prol dun idioma ten lugar en Euskal Herria: Korrika
O 19 de marzo, os cidadáns e as cidadás vascas porán en marcha a iniciativa máis multitudinaria que calquera pobo do mundo leve a cabo en prol do seu idioma.
“No Val de Xálima vivimos xente diferente, con idioma propio”
Conversamos con Julián Carretero, dono da Boiga de Cumias, unha casa de xantar situada no Val de Xátima. Un emprazamento xeográfico no que se fala o valego. Afincado en Estremadura mais a 16 km de Portugal Julián asegura que "falamos igual que vós".