"A cuestión non está só en aprender o idioma senón en usalo"
Xosé María percorreu as rúas de Compostela para "defender" o galego. A Xunta, di, "non está a transmitir o orgullo de falar galego".
Xosé María percorreu as rúas de Compostela para "defender" o galego. A Xunta, di, "non está a transmitir o orgullo de falar galego".
Actualizar os tempos, os espazos e as vontades pasa por unha defensa nítida e contestataria en favor do noso idioma; en tódalas direccións, reclamos e clamores. O colonialismo institucional deu pasos firmes, pasou barreiras, eliminou distancias e creou conflitos onde o galego ten presenza
Os últimos datos do IGE sobre o uso do galego poñen cifras a un desastre anunciado e denunciado.
Ao xantar soemos comentar en familia como nos foi a mañá. Sobre todo Artur e Xoana na escola. Xoana, a nena que está deixando de ser nena, empezou este ano o instituto e polo tanto ten varios mestres e comentou sobre eles.
A organización fala de 100.000 asistentes a unha mobilización que amosou o rexeitamento á Lei Wert e apostou polo modelo educativo catalá, tamén entre berros a favor da independencia.
A Mesa iniciou contactos con entidades de defensa do euskera e o catalán pois alumnos desas comunidades lingüísticas tamén sofren esta situación.
A semana que vén comezará a rodaxe de A Esmorga, a nova película de Ignacio Vilar. Despois de Pradolongo e Vilamor, Vilar enfróntase ao reto de levar ao cine a novela de Blanco Amor na que experimentará unha “nova maneira de contar”. Rodará na nosa lingua, como as anteriores películas, a única posibilidade que el entende para transmitir a grandeza da novela e para seguir a construír cinema galego.
Valencia é o primeiro territorio con 'lingua co-oficial' do Estado que fica sen medio de comunicación público propio ao pechar Canal 9. A Generalitat bota á rúa a 1.600 traballador@s.
A Mesa alerta: “Hoxe é case imposíbel asinar un contrato en galego en Novagalicia Banco” e denuncia que desde que a entidade é propiedadade do Estado, “o uso do galego está a retroceder”.
Este bocadiño dunha copla contra a LOMCE que escollemos para intitular resume o obxectivo da marcha a pé que centos de persoas realizaron neste sábado de chuvia en contra dunha lei "españolizadora, confesional, clasista, privatizadora, sexista e reaccionaria''. Convocado pola Plataforma galega en defensa do ensino público, o protesto ateigou a praza compostelá das Platerías. Vídeo no interior
Unha maré de persoas, de todas as idades, fan da capital da Galiza o barco dun idioma universal. “Non queremos ser estranxeir@s na propia Patria”. Non pedimos demasiado, non?
A nova entidade xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para “garantir a pervivencia do idioma e e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos media en galego”
Agal e Associação pró-Academia impulsam a campanha 'Multiplica x100 a tua língua' coa vista posta no debate parlamentar da ILP Valentim Paz-Andrade de aproveitamento dos vínculos com a Lusofonia.
'Corsu, Ti tengu caru' (Corso, quérote). A cuestión da oficialidade do corso volve, máis unha vez á asemblea da illa. Un 90% da poboación estaría a prol da cooficialidade. A sesión deste 25 de abril, onde se ía votar a proposta, adiouse por mor do asasinato dun político corso.
Máis de 25.000 persoas, segundo a organización convocante, encheron as rúas de Compostela para rexeitar os ataques ao galego e reivindicar o dereito a vivirmos na lingua propia da Galiza
No decurso destes últimos colóquios da lusofonia elaborou-se um manifesto oficial intitulado “MANIFESTO CONTRA A CRISE: A LÍNGUA COMO MOTOR ECONÔMICO” Deste parece-me importante destacar os últimos parágrafos, por acercar-se o dia das Letras Galegas e estar este nosso idioma mergulhado numa profunda crise , a diminuir o seu nº de falantes, e de utentes em geral.