incendios

O incendio de Palas de Rei (Foto:  Carlos Castro/ Europa Press).
SOCIAL

O incendio forestal de Palas de Rei queimou 126 hectáreas en catro días

A Xunta da Galiza deu por extinguido o fogo de Palas de Rei esta segunda feira. O incendio comezará na tarde da pasada sexta feira.
Varios axentes de emerxencias observan o incendio forestal de Palas de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
SOCIAL

Estabilizados os incendios forestais de Palas de Rei e Castro de Rei

A chuvias que caeron a última hora da pasada sexta feira axudaron ao control do lume. Xuntos, os fogos suman 150 hectáreas calcinadas.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Activo un incendio en Palas de Rei con 20 hectáreas queimadas

En Castro de Rei o lume afecta dúas naves industriais

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Arden dúas naves industriais en Castro de Rei e o lume esténdese ao monte

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio que afecta dúas naves industriais situadas no municipio de Castro de Rei (comarca da Terra Chá), en concreto, no lugar de Casás, parroquia de Goberno. O incendio iniciouse nunha nave de labras de madeira e pasou a outra que contén madeira acumulada. Ademais, hai unha granxa de pitos nas proximidades, pero a certa distancia e con monte polo medio. No lugar traballan os Bombeiros de Vilalba, membros do GES da Pontenova, Garda Civil e tamén medios do distinto forestal da zona de Castro de Rei, xa que o lume estendeuse tamén ao monte.

Zona de Cabeiras, afectada polo incendio (Foto: @Incendiosgalic1).
SOCIAL

Controlado un incendio en Arbo no cal traballaron efectivos terrestres e aéreos

O fogo comezou sobre as 12.30 horas da xornada, e as chamas afectan a zona de Cabeiras.
O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Tabarés (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG advirte do perigo de fechar os parques de bombeiros comarcais

Tabarés urxe a Xunta da Galiza a negociar co persoal en folga
Índice de risco diario de incendios para a quinta feira, 16 de agosto. (Foto: Medio Rural)
SOCIAL

A Galiza, en "máxima cautela" ante o risco extremo de incendios

Os bombeiros comarcais continúan en folga indefinida para reclamar máis medios

Edificios calcinados polos incendios en Hawai (Foto: Kevin Fujii / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Aumenta a case un cento o número de mortes polos incendios en Hawai

Superviventes denuncian a maior distribuidora eléctrica do arquipélago.
exercito español
SOCIAL

O exército español inicia o seu despregamento “disuasorio” en 38 concellos galegos

A Xunta paga cada ano entre 450.000 e 500.000 euros ao exército español polo seu despregamento nos montes contra os incendios forestais.

Edificios calcinados polos incendios en Hawai (Foto: Kevin Fujii / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Os incendios en Hawai convértense nos máis letais dos EUA en máis de 100 anos

Os incendios en Maui xa deixan 89 mortos e a cifra seguirá medrando.
O conselleiro do Medio Rural, José González, reunirase con representantes das denominacións de orixe do Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei para compartir os primeiros datos da actualización do rexistro vitícola. 

foto xoán crespo
POLÍTICA

A oposición alerta da falta de medios na extinción de incendios

Dous terzos do persoal anti incendios ten contrato temporal
Incendio en Suevos, Arteixo, esta cuarta feira. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

Estabilizado o segundo incendio en tres días en Arteixo

Calcinou até o momento unhas 20 hectáreas.
Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Controlados dous incendios en Quiroga que calcinan en total máis de 26 hectáreas

Esta terza feira outro lume puxo en alerta a Illa de Arousa.
Incendio en Vilalba. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Agora

Un incendio xa controlado queima 10 hectáreas en Vilalba

Varios medios de extinción, terrestres e aéreos, foron mobilizados na noite do domingo á segunda feira por un incendio que xa está controlado e que queimou unhas 10 hectáreas en Vilalba (Terra Chá). Segundo informa a Consellaría do Medio Rural en declaracións á axencia Europa Press, o lume iniciouse na parroquia de Belesar contra as 20.30 horas e quedou controlado ao fío das 00.53h. Até o momento, traballaron neste incendio cinco axentes, dez brigadas, unha cuadrilla, nove motobombas, unha pa, dous avións e dous helicópteros. De acordo cos datos da Xunta, oito hectáreas son de monte raso, e dúas, de superficie arborada.
O risco de incendios forestais aumenta no contexto de emerxencia climática. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Medio Ambiente

A Federación Ecoloxista Galega propón refacer a Lei do clima, que ve "pouco útil" e "incongruente"

A FEG vén de solicitar a retirada do anteproxecto da Lei do clima da Galiza e a elaboración dun novo texto que permita alcanzar de forma "real e eficaz" o obxectivo de neutralidade climática que fixa o regulamento europeo.
Operarios traballando na extinción e control do incendio de Barreiros. (Foto: Europa Press)
Agora

Extinguido un incendio en Barreiros após queimar menos dunha hectárea e obrigar a cortar unha estrada

Un incendio forestal declarado esta terza feira no municipio de Barreiros (A Mariña) quedou extinguido contra as 17.28 horas, logo de queimar 0,86 hectáreas. O fogo, precisaron fontes do Goberno galego, declarouse na parroquia de San Cosme de Barreiros ás 13.13 horas e quedou extinguido unhas catro horas despois. Nas tarefas para apagar o lume participaron sete motobombas, seis brigadas e tres axentes, alén de efectivos municipais e bombeiros comarcais. O incendio, sinalaron desde o Concello de Barreiros, orbigou a cortar a estrada que vai desde o Hotel Rías Altas (San Pedro) até a rotonda de Barreiras (Cabarco), á altura do quilómetro 3, no acceso á Fraga do Santo Estevo.
bañeira queimada
Agora

Unha queima descontrolada deriva nun incendio a 10 metros de casas habitadas en Vigo

Unha queima descontrolada provocou a pasada sexta feira un incendio a só dez metros dun grupo de casas habitadas en Vigo, saldándose cun total de 500 metros cadrados de matogueira alta calcinados. Os feitos ocorreron na rúa Roupeiro, na parroquia de Matamá. Á chegada dos axentes os veciños trataban de sufocar as chamas e foron axudados posteriormente polos bombeiros. Nunha primeira inspección ocular, os funcionarios observaron que nunha zona próxima ao lume había unha bañeira vella con restos de queima no seu interior, parecendo o foco de inicio do lume. Tras a investigación, localizouse a R.P.N., home de 60 anos de idade e veciño do lugar, que admitiu que queimara cartóns e papeis no interior da bañeira, ausentándose do lugar sen comprobar que o fogo estivese apagado.
Incendios forestais en Grecia (Foto: Christoph Reichwein / Dpa).
INTERNACIONAL

GALERÍA | O Mediterráneo, en chamas

Restos arqueolóxicos de Santa Trega. Ao fondo, A Guarda. (Foto: Nós Diario)
Agora

Activo un incendio en Santa Trega, no concello da Guarda

Un incendio no monte de Santa Trega, no municipio da Guarda, permanece activo e xa calcinou sobre 1.000 metros cadrados, 0,1 hectáreas, e prevese "que non vaia a aumentar moito máis". Segundo fontes da Consellsría do Medio Rural, o aviso de incendio saltou sobre as 18.30 horas na parroquia de Camposancos. Até o lugar mobilizáronse dous axentes, seis brigadas, catro motobombas e dous helicópteros que traballan para tentar sufocalo.

Recuperación da vexetación en zonas queimadas nas que previamente había piñeiro e  castiñeiro, tras un (superior) e dous (inferior) anos tras a queima.
star
Análise

Incrementando a resiliencia dos nosos montes

Rosa Mosquera é catedrática do departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.