INTERNACIONAL
Biden viaxa a Israel tras Xordania cancelar a reunión no medio da destrución de Gaza, onde caeron 10.000 bombas
18/out./23
Israel bombardea un hospital ateigado mentres os países occidentais néganse a condenar a agresión a Palestina. Amais, a Oficina de Dereitos Humanos da ONU sostén que Tel Aviv pode estar cometendo crimes contra a humanidade en Gaza. O presidente estadounidense desprázase esta cuarta feira a Israel.
INTERNACIONAL
O can de Biden ataca 12 empregados da Casa Branca e unha deputada pide información ao respecto
12/out./23
A semana pasada informouse que Commander, o can de Biden, abandonou a Casa Branca tras unha serie de incidentes relacionados co seu comportamento agresivo cara ao persoal de seguridade e da residencia presidencial. Nun caso, un axente especial incluso tivo que ir ao hospital para recibir tratamento, tras ser mordido na coxa e o brazo en novembro do ano pasado.
Estados Unidos
Joe Biden comparece ante a Fiscalía pola tenza de arquivos clasificados
11/out./23
Os documentos estaban nun despacho privado.
INTERNACIONAL
Xi Jinping afirma que a relación entre a China e os EUA "determinará o futuro da humanidade"
09/out./23
Senadores estadounidenses reuníronse co presidente do Estado asiático.
Estados Unidos
Crise no Capitolio: o republicano McCarthy é destituído polos seus propios compañeiros
04/out./23
A facción máis conservadora do Partido Republicano apoia unha moción de censura contra o presidente da Cámara de Representantes, que só durou 269 días no cargo, logo de que alcanzase un pacto cos demócratas para lograr unha prórroga orzamentaria e impedir o 'fechamento' administrativo do Goberno de Joe Biden.
INTERNACIONAL
Joe Biden pide o apoio dos republicanos para enviar axuda financeira e militar a Ucraína
03/out./23
O presidente dos EUA solicita aos republicanos a aprobación dun novo orzamento para todo un ano.
INTERNACIONAL
O Partido Republicano lanza o xuízo político contra o presidente Biden
12/set./23
Acusan o mandatario de "abuso de poder, obstrución e corrupción".
INTERNACIONAL
Trump denuncia unha "caza de bruxas" após unha nova acusación
15/ago./23
Cuarto caso penal presentado contra o ex presidente dos EUA, que buscar obter un novo mandato nas eleccións presidenciais de 2024.
Estados Unidos
Cuarta imputación de Donald Trump, acusado agora de tentar manipular os resultados das eleccións de 2020
15/ago./23
"Trump e os outros acusados negáronse a aceptar que perdeu, e uníronse a propósito e de forma voluntaria a unha conspiración para cambiar ilegalmente o resultado das eleccións a favor de Trump", reza a acusación, que o ex mandatario ve como unha "caza de bruxas" contra el ás portas duns novos comicios.
star
INTERNACIONAL
Trump comparece ante a Xustiza por intentar un autogolpe de Estado ao perder as eleccións de 2020
02/ago./23
O tribunal federal da capital dos Estados Unidos acolle esta quinta feira a lectura de cargos da última acusación contra o ex presidente Donald Trump, a máis grave até o de agora, na que detalla un plan para reverter a súa derrota nas urnas e ficar no poder.
star
INTERNACIONAL
A extrema dereita marca a visita de Biden á nova fronteira da OTAN con Rusia
13/xul./23
Unhas declaracións racistas da viceprimeira ministra finlandesa e líder da extrema dereita provocan a segunda crise de Goberno en menos dun mes, deixando nun segundo plano a viaxe de Joe Biden ao país, o último membro en adherirse á OTAN.
star
INTERNACIONAL
Biden racha a reactivación dos lazos coa China 24 horas despois do acordo
21/xuño/23
Horas despois de facerse pública a declaración de culpabilidade de Hunter Biden por delitos fiscais e de posesión ilegal de armas, o seu pai, Joe Biden, presidente dos Estados Unidos, inicia unha nova crise diplomática coa China, apenas un día máis tarde do acordo Washington-Beijing para estabilizar as relacións bilaterais.
INTERNACIONAL
A débeda dos Estados Unidos supera o récord de 32 billóns de dólares
17/xuño/23
O número de 32 billóns de dólares foi alcanzado dúas semanas despois de que o presidente Joe Biden asinase a lei sobre o teito da débeda.
INTERNACIONAL
Donald Trump, de novo no albo: imputado no caso dos documentos clasificados
09/xuño/23
O ex presidente está acusado de cometer até sete delitos federais vencellados á Lei de espionaxe, após achar o FBI documentación clasificada na súa mansión de Palm Beach, en Florida. De forma paralela, Joe Biden está a ser investigado pola mesma cuestión, neste caso a raíz dun rexistro na súa vivenda de Delaware.
INTERNACIONAL
VÍDEO | Joe Biden sofre unha aparatosa caída nun acto das Forzas Armadas
02/xuño/23
O propio presidente chanceara sobre a súa idade no evento: "Cando me graduei no instituto, hai 300 anos, solicitei o ingreso na Academia Naval".