star
INTERNACIONAL
Junts tomba a lei de amnistía no Congreso e a norma volve á Comisión de Xustiza
30/xan./24
Após advertilo en distintas ocasións ao longo da xornada, Junts votou en contra e impediu a aprobación no Congreso da lei de amnistía, tras exixir ao PSOE que aceptase as súas emendas para evitar que o sistema xudicial español, controlado polos conservadores, sabotara a aplicación da lexislación.