ENTREVISTA
Lucía Rodríguez: "O traballo mental é básico nos deportes de raqueta"
24/abr./24
Entre os nomes propios que máis darán que falar no panorama deportivo galego ao longo do próximo lustro brilla con luz propia o de Lucía Rodríguez (Salvaterra, 2004), quen a un ano do seu debut na categoría absoluta continúa rachando rexistros nos mellores torneos e xa soña, no futuro, cos Xogos Olímpicos.