VÍDEO NO INTERIOR
Earth Sight vincula Inditex e H&M á deforestación ilegal, ao roubo de terras, á corrupción e á violencia
11/abr./24
Desde a chegada de Luiz Inácio Lula da Silva á Presidencia, o Goberno do Brasil comezou a tomar medidas contra a deforestación. Esta mesma terza feira, o líder do Executivo brasileiro anunciou o novo programa para enfrontar esta problemática.
ECONOMÍA
Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas: “O encaixe de Camariñas é artesanía e tradición pero tamén modernidade e vangarda”
29/mar./24
Camariñas acolle a súa tradicional Mostra de Encaixe desde a cuarta feira de 27 de marzo até o domingo 31 cun programa cargado de actos. Nós Diario, conversa coa alcaldesa da localidade, Sandra Insua, que explica os eixos da actual edición do encontro
SOCIAL
O futuro da moda galega loce as súas mellores galas no desfile 'Despunte'
29/feb./24
Despunte reúne os mellores proxectos da EASD Mestre Mateo.
TRABALLO
H&M prevé fechar tres tendas na Galiza a pesar de gañar 145% máis
31/xan./24
Incerteza entre o persoal de Vigo, Lugo e Ferrol.
SOCIAL
Moheva dálle unha segunda vida aos toldos, converténdoos en moda sostíbel
28/dec./23
Toldos Gómez impulsa a creación de bolsos con material reciclado.
SOCIAL
As icónicas latas de Bonilla a la Vista convertidas en accesorios da man de Elena Ferro
13/dec./23
Bonilla a la Vista, nacida en Ferrol no ano 1932 ás ordes de Salvador Bonilla, pai do actual responsábel, César Bonilla, leva case 90 anos dedicada á produción de churros con chocolate -conta con 6 locais propios na Coruña- e patacas fritidas, o seu produto estrela, que logrou posicionarse como líder no mercado.
star
Reportaxes
Galiza está de moda: nova iconografía galega
22/set./23
Son innumerábeis as marcas de deseño que basean as súas creatividades en elementos da cultura galega. Nalgúns casos recrean emblemas clásicos da nosa historia; noutros, xeran unha nova iconografía galega con base no patrimonio material e inmaterial de noso, bebendo do pasado labrego e mariñeiro ou das figuras máis destacadas da literatura e da historia da Galiza. Símbolos de novo e de vello que reivindican orgullo de país. Só hai que visitar algunha das feiras de artesanía para constatar que a Galiza está de moda.
LINGUA
O galego segue fóra das rebaixas nos grandes centros comerciais
27/xuño/23
Co inicio das rebaixas os centros comerciais anuncian os descontos empregando, na súa gran maioría, o castelán. A profesora Ana Fernández Soneira, da UVigo, alerta da perda da "lembranza de marca" con esta situación.
star
Reportaxes
Modernidade e tradición: o encaixe galego na moda actual
31/mar./23
Tradición, cultura, traballo comunal… Son moitos os conceptos que se poden relacionar co encaixe galego, unha técnica manual de confección cuxa función foi mudando ao longo dos anos. As palilleiras que traballaban sen descanso para obteren uns ingresos son hoxe rescatadas polas deseñadoras e deseñadores que deciden integrar o encaixe tradicional nas súas prendas, creando así unha modernidade asentada sobre as raíces. Poderemos velas na Mostra do Encaixe de Camariñas.
CULTURA
A 'reinvención' do encaixe galego e o poeta vasco Joseba Sarrionandia protagonizan o 'Sermos Galiza'
31/mar./23
Neste novo número do semanario, á venda na fin de semana, falamos tamén do 'pai de trobadores', o ilustre Martín Codax.
CULTURA
Remata en Lugo o obradoiro de formación 'Tecer para integrar'
14/xuño/22
A Vicepresidenta da Deputación de Lugo entregou os diplomas do obradoiro 'Tecer para integrar' impulsado por esa institución coa colaboración de Federación de Asociacións do Ámbito Social Fadas Lugo.
ECONOMÍA
Mercedes Veites: "Recuperamos a vestimenta tradicional galega para que non quede nos armarios"
20/ago./21
Mercedes Veites é a fundadora de Lumecú, unha marca de roupa tradicional galega que aposta pola innovación. As súas pezas mesturan a cultura da Galiza co desenvolvemento sostíbel e co emprego de materiais orgánicos. Precisamente, agora participa nunha iniciativa conxunta para recuperar a plantación de liño no concello de Vilar de Santos, co obxectivo de dar a coñecer á sociedade todo o proceso de elaboración que acompaña á confección de pezas liño, material fundamental para os traxes de Lumecú.
star
Reportaxes
Vestirmos a cabeza: as sombreirarías da Galiza 2020
14/dec./20
Nas pasarelas e no outono e inverno que están por vir o sombreiro forma parte do armario daquelas damas e cabaleiros que deciden cubrirse, quer para protexerse das inclemencias do tempo quer para engadir un toque de individualidade ao seu conxunto. Na Galiza perdura, aproximadamente, unha sombreiraría por cidade, cunha gran perda de estabelecementos na fin do século pasado. Unhas máis clásicas, outras máis vangardistas, pero todas atentas a unha nova clientela que volve entrar nos locais para reivindicar a orixinalidade duns chapeus que recuperan parte do seu antigo esplendor na rúa.