Ricardo Suárez
20/out./23 19:05
Arquitecto técnico, galeguista no exterior e no país, activista cultural, político, escritor. Impulsor de asociacións, editoriais, revistas, bibliotecas e museos. Defensor do idioma e da participación cidadá na vida social. Un noiés cosmopolita que tamén se sentiu parte dos lugares onde viviu. Son moitas as formas de definir Manuel Caamaño e moitas as facetas que destacar dunha vida chea de avatares. Nesta conversa, aos seus 87 anos, abrollan moitos dos retallos que formaron unha vida dedicada á Galiza e á defensa do dereito a sermos galegos e galegas.