Crise dos pellets
Muros e Ribeira mobilizan 100 efectivos contra os pellets, a Xunta só 469 en toda Galiza
17/xan./24
Ribeira súmase a Muros e convértese no segundo concello en lograr, a través dun acordo coa aseguradora do Toconao, que esta asuma a contratación do persoal para a limpeza de pellets nas praias. Entre os dous municipios suman 100 efectivos, o que equivale a 21% do total que a Xunta da Galiza ten para todos os areais galegos.