ECONOMÍA
Stellantis anuncia novos paros só tres días despois de retomar a actividade
19/ago./21
As dúas liñas de produción da planta viguesa de Stellantis suman de media 30 días sen actividade por falta de compoñentes. O cadro de persoal volveu ao traballo esta semana coa esperanza de que a empresa aproveitase as vacacións para facer stock. Porén, a firma anuncia que volverá parar toda a semana que vén.