Xapón
[VÍDEO] Falece o ex primeiro ministro nipón Shinzo Abe após recibir un disparo nun mitin electoral
08/xul./22
Quen ostentou o cargo entre 2012 e 2020 recibiu un disparo polas costas cando participaba nun mitin electoral na cidade de Nara e entrou en parada cardiorrespiratoria. Faleceu horas despois no hospital. O principal sospeitoso, un varón de 41 anos, utilizou unha escopeta de fabricación caseira e xa foi detido pola Policía.