TRABALLO
A OCDE considera insuficientes as reformas do sistema público de pensións
08/dec./21
O organismo internacional afirma que as condicións para lograr una pensión completa no Estado español son "laxas".
ECONOMÍA
O 33% das persoas pensionistas viven na Galiza con menos de 649 euros ao mes
06/dec./21
61.226 xubiladas reciben unha pensión que non supera 324 euros
SOCIAL
5.000 docentes xubilaranse en 5 anos
03/dec./21
O cadro de persoal do sistema educativo galego é o máis avellentado do Estado. Ao tempo, nos vindeiros anos agárdase un importante incremento de xubilacións, ao situarse máis de 7.753 ensinantes entre os 55 e os 65 anos. A este grupo, súmase outra porcentaxe de profesorado interino.
TRABALLO
Os plans de emprego restarán ingresos por comisións á banca e ás aseguradoras
29/nov./21
A patronal das aseguradoras di que crear un aforro a base de destruír outro é "bastante mala idea", mentres que o colectivo de traballadoras autónomas celebra a rebaixa nas comisións
TRABALLO
A Xustiza avala cobrar a pensión e manter a titularidade dun negocio
27/nov./21
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza afirma nunha sentenza que a persoa titular dun negocio pode cobrar a pensión de xubilación sempre que non haxa dedicación profesional, só administrativa
star
ECONOMÍA
Unha caída media de 8,6%: A reforma das pensións empobrecerá as persoas xubiladas
18/nov./21
A proposta de reforma do réxime das pensións manda na actualidade social e política. Ao tempo que o Lexislativo español debate unha modificación no sistema formulada polo Executivo, vense de facer público o acordo asinado polo Goberno do Estado e a Comisión Europea polo que se amplía o período de cómputo do cálculo das pensións de 25 a 35 anos. As primeiras valoracións do impacto desta medida, como a efectuada polo Grupo de Investigación das Pensións e Protección Social, apuntan a unha caída do poder adquisitivo medio das persoas pensionistas próxima a 10%.
TRABALLO
Acordo entre Goberno estatal e sindicatos para as pensións á marxe da patronal
15/nov./21
A suba das cotizacións para manter as pensións públicas queda finalmente no 0,6% durante os próximos dez anos
SOCIAL
Protestas en defensa das pensións públicas e contra os recortes
13/nov./21
Compostela acolleu a manifestación convocada polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (Modepen) que se enmarca nunha campaña de mobilizacións celebradas en todo o Estado. Piden a dimisión do ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, e a substitución do seu proxecto de reforma por unha iniciativa de blindaxe das pensións.
TRABALLO
Escrivá sae en defensa da mudanza no período de cálculo das pensións públicas
11/nov./21
O BNG denuncia que a condicionar as axudas á reformas de calado, como as das pensións, prexudica Galiza.
TRABALLO
Escrivá eleva a súa proposta de aumento das cotizacións
08/nov./21
O Goberno español propón subir as cotizacións 0,6%, unha décima máis do que suxería a semana pasada.
ECONOMÍA
404.054 persoas pensionistas son pobres na Galiza
29/out./21
A pobreza non deixa de medrar na Galiza. Os últimos datos achegados pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social na Galiza (EAPN-Galiza) apuntan a un importante incremento nos últimos exercicios. Os pensionistas son un dos colectivos máis golpeados por esta situación.
TRABALLO
BNG e CIG defenden unha reforma das pensións digna que non afonde nos recortes
15/out./21
Bloque Nacionalista Galego e CIG acordaron enfrontar "os recortes no sistema de pensións" previstos polo Goberno do Estado a través de varias emendas ao proxecto de lei elaborado por PSOE e Unidas Podemos. Defenden unha proposta alternativa que non lesione os intereses do colectivo de traballadoras da Galiza.
ECONOMÍA
Moncloa volve lexislar en materia de pensións en favor das grandes empresas
09/out./21
O Goberno español resta incentivos aos sistemas privados de pensións individuais mentres engrosa os dos plans de empresa.
TRABALLO
Escrivá desata as críticas co seu "cambio cultural" para a xubilación aos 75 anos
27/set./21
O ministro Escrivá abre a porta a prolongar a xubilación até os 75 pero despois matiza que se sacaron de contexto as súas palabras.
TRABALLO
Escrivá anuncia descontos na xubilación anticipada para carreiras longas de cotización
16/set./21
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións avanza que esta é unha das modificacións que se van incluir no proxecto de lei de reforma das pensións, agora no Congreso.