Recepción ao Básquet A Coruña na sede da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o vicepresidente do ente, Xosé Regueira; o deputado de Deportes, Antonio Leira; e representantes dos diferentes grupos políticos que integran a corporación provincial recibiron esta terza feira no Salón de Plenos á totalidade do cadro de xogadores e o Consello de Administración do Leyma Basquet Coruña, que vén de lograr o ascenso á Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto estatal. No seu nome, o presidente, Roberto Cibeira, afirmou que teñen por diante "un reto maiúsculo: competir na mellor liga de baloncesto de Europa e a segunda do mundo, tras a NBA", polo que demandou o apoio tanto da afección como de entidades públicas e privadas que permitan ao conxunto laranxa dar "un salto de calidade".
Antonio Leira, Roberto Cibeira, González Formoso e Xosé Regueira. (Foto: Deputación da Coruña).
photo_camera Antonio Leira, Roberto Cibeira, González Formoso e Xosé Regueira. (Foto: Deputación da Coruña).
Comentarios