Sermos Galiza xa é .gal

Desde esta madrugada, Sermos Galiza xa é .gal, como unha das 93 entidades pioneiras que asumen a identidade do país no seu enderezo dixital.

Sermos Galiza incorpora desde este 25 de xullo, Día da Patria Galega 2014, o .gal, o identificador da cultura e da lingua galegas na rede.

Canda el, fanno outras 92 entidades, apresentadas como "pioneiras" pola Asociación Punto Gal, a organización que se fundou co obxectivo de conseguir un espazo para Galiza na rede.

Sermos Galiza manterá como correios electrónicos de contacto os seguintes: [email protected], [email protected] e [email protected].

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios