#Sermos111: Débeda pública, a burbulla que non para de medrar

Un billón de euros debe o Estado español, que agocha a que moit@s consideran unha débeda ilexítima. Analizámolo neste semanario, no que hai entrevistas, análises, reportaxes e moita información. Xa podes adquirilo na nosa loxa.

SG111

A débeda pública centra o Tema da Semana deste Sermos Galiza nº111. Un billón de euros debe o Estado español, o que o PP intenta promocionar como “adelgazamento” pero que no fondo agocha a que moit@s consideran unha das grandes mentiras do momento: unha débeda en constante crecemento e ilexítima cos donos do capitalismo mundial, que en Galiza, da man de Feijóo, triplicouse, entre recortes, aínda por riba.

“Escotet buscou ‘limpar’ o ruído das protestas, non resolver o problema”. É o que J.M. Estévez, afectado no calote das preferentes nos conta nunha entrevista enmarcada nunha reportaxe sobre a situación actual deste problema, que segue sen resolver para milleiros de galeg@s.

Tamén informamos neste semanario de como a cativa política de investimentos condiciona a Navantia como líder no sector das reparacións navais. E parámonos no sector mexilloeiro galego (case 20.000 empregos directos e indirectos), que desde hai anos sofre unha confluencia de problemas e dificultades que ensombrecen un alicerce fundamental da economía galega.

Terrorismo machista

A violencia machista persiste en Galiza e no Estado. Os asasinatos son a mostra máis brutal e irreversíbel dun problema que milleiros de mulleres padecen no día a día. No que vai de ano foron asasinadas en Galiza sete mulleres.

En Teconoloxía achegámonos aos cabos submarinos. O 99% do tráfico intercontinental de voz e datos circula baixo as augas. E entevistamios a Elías Somoza, da Federación Rural Galega (Fruga), co que falamos dos principais poblemas que afectan o sector lácteo.

Fútbol en galego

O fútbol galego tamén quere cantar en galego. A proposta do CD Lugo de atopar un novo himno para o clube lémbranos que no deporte tamén contan os símbolos. Facemos un repaso da situación en 1º, 2º e 2ºB. E seguimos cos contidos desde #sermos101: En ‘Un ollar sobre Salseiros’, O poeta Miguel A. Mato Fondo esmiuza o libro de relatos de Suso Lista.

De Cabo Corrubedo a Punta Teira é a proposta que esta semana nos fan desde o colectivo Xea en Viaxes na Miña Terra. Unha camiñada de 5 horas por praias bravas, sistemas dunares e o arrecendo do Atlántico que bica Ribeira e Porto do Son. E achegámonos aos premios literarios, táboa de salvación en época de crise.Os certames galegos mantéñense, malia á desfeita privada e institucional, como o camiño máis curto (ou non) para acceder a ingresos e poder publicar.

A coda no semanario poñémola coa entrevista a Samesugas, o grupo de punk-rock´n´roll de Santiago DC que cumpre 15 anos. Unha traxectoria labrada a base de concertos enérxicos, discos poderosos e unha indiferenza digna cara o ‘mainstrean’ musical. “Se seguimos xuntos despois de 15 anos é porque nos gusta o que facemos”.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios