CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

AC/DC fixo historia en Lisboa

AC/DC en Lisboa e con Axl Rose como vocalista! E Sermos estivo alí!!! Eis o que nos conta o noso crítico de rock de cabeceira.

ACDC concerto en Lisboa
photo_camera ACDC concerto en Lisboa

Precedido pola polémica suscitada polo troco de Brian Johnson por Axl Rose como vocalista de AC/DC -motísimos fans amosaron o seu desacordo e mesmo devolveron os seus billetes para o concerto-, coa substitución de Malcolm Young polo seu sobriño Stevie por mor da demencia, e con Phill Rudd fóra da xira por problemas coa xustiza, chegaban AC/DC a Lisboa. Cunhas previsións meteorolóxicas adversas que anunciaban temporal e unha chuvia implacábel todo o sábado, semellaba unha conxura para que o concerto non se celebrase.

Mais as previsións de chuvia non foron impedimento para que preto de 60.000 roqueiros chegados de diversos puntos de Europa nos achegáramos até Algés para ver aos australianos. Poucos minutos antes da saída da banda ao escenario, os deuses do rock and roll amosaron o seu poder e parou de chover. Sen dúbida era o sinal de que o que nos esperaba algo grande.

A primeira dúbida sobre o Axl fixou despexada cando o concerto comezou puntual. Aos poucos minutos da hora sinalada, acendían as luces do escenario e comeza a proxección da intro desta xira, baseada nun ambiente espacial e un grande meteorito que impacta na terra para comezar a soar os primeiros acordes de Rock or Bust, chegando a eclosión da xente coa aparición de Angus Young, co seu tradicional traxe de colexial. En canto Axl, sentado nunha cadeira, abriu a boca para e soltou as primeiras notas, ficou claro que non foi un erro elixilo como cantante, xa que fixo unha interpretación espectacular do tema dando conta do seu excelente estado de forma vocal, que mesmo lembraba ao mellor Axl de finais dos 80.

En canto Axl, sentado nunha cadeira, abriu a boca para e soltou as primeiras notas, ficou claro que non foi un erro elixilo como cantante

Debo recoñecer que, ao primeiro, pensei que o da cadeira para Axl era parte do espectáculo, máis cando encetaron Shoot to Thrill, decateime de que tiña a perna inmobilizada e non ía deixar a postura en todo o concerto. Isto sen dúbida dálle máis mérito á súa actuación, pois cantando sentado é máis difícil de controlar o diafragma para respirar. Mais non foi quen de baixar a súa calidade vocal. Con Angus percorrendo incansábel o escenario seguiron disparando clásicos como Hell Ain’t a Bad Place To Be ou Back in Black, que os presentes coreaban amosando a súa complicidade coa banda.

AC/DC estaban triunfando e sabíano, e iso fixo notouse nun Axl que, sabedor do moito que se xogaba, amosaba unha imaxe de felicidade e benestar como poucas veces se lle vira. Con poucas palabras entre temas e facendo algunha brincadeira como a do día tan soleado que fixo en Lisboa ou contando algunha das anécdotas como que Whole Lotta Rosie foi a primeira canción que escoitara de AC/DC na radio, foron debullando os 40 anos de historia da banda con clásicos como Dirt Deeds Done Dirt Cheap, que foi a primeira canción que eu escoitei da banda e o primeiro disco deles que merquei, High Voltage, Hell Bells ou a miña favorita You Shook Me All Night Long, que pola reacción da xente era a tamén a favorita da meirante parte dos alí congregados.

Potentísima foi a colaboración do público en T.N.T., na que Axl pediu axuda para cantala, así como esperado o Let There Be Rock, cun Angus que o deu todo coma un tornado polo chan da plataforma elevada e proxectando a historia dos éxitos da banda no escenario. Finalizaba así a primeira parte do concerto.

O bis escomezou como xa é costume na banda, con Angus Young subindo ao escenario nunha plataforma elevadora ataviado cos cornos e listo para entoar Highway To Hell. O que si que non agardabamos foi a sorpresa que viña a continuación: Riff Raff. Foi algo tamén histórico, pois era un tema que non interpretaban en directo dende o ano 79 e que fixo as delicias do persoal. Mais como todo o bo remata, tamén o concerto tiña que rematar e non podía ser doutro xeito que con For Those About To Rock (We Salute You), cos canóns disparando salvas e un folión final que tinguiu o ceo do Passeio Marítimo de Algés de cores de festa.

Despois do visto en Lisboa, e tras ser moi crítico coa decisión do de Indiana como frontman da banda, acho que Axl foi sen dúbida a mellor opción para substituír a Brian Johnson. O nivel da banda segue sendo moi alto e os que auguraban o fin da súa historia agora terán claro que temos AC/DC para moitos anos.

 

 

AC/DC NAS REDES

WEB: www.acdc.com

Facebook: www.facebook.com/acdc

Twitter: @acdc

 

SET LIST

  1. Rock or Bust

  2. Shoot to Thrill

  3. Hell Ain’t a Bad Place to Be

  4. Back in Black

  5. Got Some Rock & Roll Thunder

  6. Dirty Deeds Done Dirt Cheap

  7. Rock ‘n’ Roll Damnation

  8. Thunderstruck

  9. High Voltage

  10. Rock ‘n’ Roll Train

  11. Hells Bells

  12. Given the Dog a Bone

  13. Sin City

  14. You Shook Me All Night Long

  15. Shot Down in Flames

  16. Have a Drink on Me

  17. T.N.T.

  18. Whole Lotta Rosie

  19. Let There Be Rock

  20. Highway to Hell

  21. Riff Raff

  22. For Those About to Rock (We Salute You)

Máis en CULTURA
Comentarios