Sexta feira.
Lugo. 23.30 horas. Clavicémbalo. Actuación de Carlos Blanco. Visita anual do humorista arousán a este local lugués, desta vez en dúas sesións de contacontos. Dous clásicos, o Carlos e o Clavi.
Compostela. 20.30 horas. Teatro Principal. Concerto conxunto de Chicharrón e Ataque Escampe, dúas das bandas máis sobranceiras do pop en galego, apresentan Postal con palmeiras ardendo. Perfeita ocasión para ollar e escoitar ao vivo o último da súa produción.
Lourenzá. 20 h. Claustro de S. Salvador. O Mago Antón. Apresentación do seu último espectáculo Onde está o mago Antón.
Padrón. 21.30 h. Praza de Macías. Talía Teatro. Apresentan o espectáculo Sopa de Sapo, para toda a familia. Unha función integrada no programa Cultura no Camiño.
Sábado.
Ourense. Festas da cidade. Alén de múltiples actividades, o cartaz musical ten moito gancho: Xoel López, Roi Casal, María do Ceo, Sés e Coque Malla, entre outros.
Pontevedra. 21 horas. O Timón e Diaño. Última edición da tempada deste programa coa actuación de Maravallada.